Informouse das medidas que acometerá o Ministerio de Transportes, coa achega de 45 quitaneves e as máis de 7.000 toneladas de sal que se empregarán, compleméntandose cos 2.510.000 litros de salmuera
Lugo, 16 de novembro de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo asinou hoxe o protocolo do Plan de Vialidade Invernal para a provincia de Lugo co que se busca aumentar a seguridade nas estradas ante condicións meteorolóxicas adversas. Acompañaron á subdelegada no acto de sinatura o responsable de Protección civil da Subdelegación, Juan Jesús Yáñez; o xefe provincial de tráfico, Ángel Álvarez; a xefa provincial da Unidad de Carreteras, Beatriz González; o tenente coronel da Garda Civil, Julio González e o xefe do subsector de tráfico da Garda Civil en Lugo, José Miguel Martínez.
Isabel Rodríguez subliñou a importancia do operativo para garantir a circulación nas estradas do Estado, resaltando “a colaboración dos diferentes servizos e unidades da Administración e a implicación de todo o persoal que traballa para dar seguridade aos usuarios e facilitar a maior comodidade posible e a fluidez do tráfico na rede de estradas e autovías”. A subdelegada tamén apelou “á responsabilidade dos condutores e condutoras para circular con prudencia e levar a cabo accións de mantemento dos vehículos”.
Con este plan, Isabel Rodríguez informou das medidas que aborda o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana coa achega de 45 quitaneves e as máis de 7.000 toneladas de sal que se empregarán. Xunto a isto, os medios compleméntanse coa posta a disposición dos 2.510.000 litros de salmuera para axudar a combater a neve. Este operativo tamén contempla a vixilancia e limpeza das 13 vías que integran a Rede de Estradas do Estado na provincia.
Rodríguez afirmou que “outro ano máis, a subdelegación comprométese coa seguridade vial ao firmar este protocolo co obxectivo de mellorar as conexións da provincia e evitar posibles cortes ou problemas, incidindo na prevención ante as posibles continxencias e determinando solucións áxiles e efectivas”.
Este ano, ao igual que o anterior, establece un dispositivo para aumentar a seguridade na área de Pedrafita debido ao aumento do tráfico neste trazado. O Goberno manterá o reforzo dos 3 quitaneves, así como os medios habituais do Centro de Conservación de Pedrafita.

























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



