Ribadeo, 20 de novembro de 2023. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 22 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval o seu tradicional concerto na honra de Santa Cilla, patroa dos músicos. Trátase da primeira actividade que realiza dentro dos actos de conmemoración do 30 aniversario do centro.
O responsable da EMMeD, Hugo García, explicou que “polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras de moi diferentes estilos. Agrupacións de vento, tecla, percusión, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto. Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 16 de decembro tamén no auditorio e no que participarán preto de 400 alumnas e alumnos”.
A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, anima “a asistir a estas actividades da EMMeD na que tanto pais e nais como o público xeral poderán gozar do traballo que hai detrás do alumnado, que ano tras ano, aposta pola súa formación neste centro”.
García subliñou que “trinta anos van desde que en novembro de 1993, baixo a dirección de Hernán Naval Parapar, comezaba a funcionar un centro educativo musical que axiña se ía converter nunha referencia. A EMMeD de Ribadeo continúa na liña curso tras curso e suma 376 alumnos e alumnas de entre 4 e 80 anos, ó que a sitúa como un dos centros con máis persoas matriculadas de toda a comunidade”.
O responsable da Escola indicou que “a filosofía da EMMeD de Ribadeo permanece intacta dende a súa posta en marcha, cos tres piares fundamentais cos que naceu, e que seguen vivos no traballo diario: o alumnado debe gozar e pasalo ben coa aprendizaxe; o traballo que facemos no centro debe saír das catros paredes e interactuar coas actividades comunitarias que se fan en Ribadeo. A Escola debe ser un punto de encontro da música e da danza con outros aspectos que entendemos centrais no proceso de formación das persoas como son a solidariedade, a igualdade…”.
Sanjurjo engadiu que “o curso 2023/2024 será un ano académico de celebracións. O programa de actividades estase preparando e iranse anunciando aquelas que se organicen co gallo do 30 aniversario da EMMeD de Ribadeo”.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



