O mércores 19 preséntase a IV edición da campaña de sensibilización “Un futuro por compartir en igualdade”, que se desenvolverá nos centros educativos de Ribadeo
IV edición da campaña “Un futuro por compartir en igualdade”
Ás 19.57 horas deste mércores deuse por extinguido o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15.30 horas do martes día 5 e que finalmente afectou unha superficie de 142,5 hectáreas, das cales 50 corresponden a arborado e 92,5 a raso. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 técnicos, 82 axentes, 107 brigadas, 111 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 8 avións.
Este mércores celebrouse na Casa da Cultura a proxección e coloquio e entrega de premios do Concurso de fotografía turística do Vicedo, que alcanza xa a súa 8ª edición. Uns 25 participantes presentaron máis de 60 fotografías de todo tipo destacando pola súa grande calidade mostrando estampas tanto da costa como do interior do noso municipio. O coloquio-proxección foi moi animado e os propios fotógrafos participantes puideron expresar as súas intencións e anécdotas en torno ás fotografías presentadas. Os premiados foron: 1º premio (300€) Mónica Vila con "San Román". 2º premio (200 €) Alejandro Martínez con "Maravillas del Amanecer". 3º premio (100 €) Sarai Fernández con "O faro de Vicedo Vello". Premio especial a menores de 30 anos (50 €) Laura García con "O Vicedo. Silencio que acolle"
Terá lugar as 12:00h no Estadio Municipal Pepe Barrera de Ribadeo. Os precios das entradas serán de 10€ (Maiores de 15 anos); e de 5€ (nenos/as entre 8 e 15 anos); mentres que os menores de 8 anos terán acceso gratuito. Poderán adquirirse nas taquillas do Campo o mesmo dia do partido.
A cita é este sábado, 23 de agosto, ás 20 horas na Casa da Cultura que leva o seu nome. Haberá lecturas dramatizadas e as actuacións musicais de: Miro Casabella, Ugía Pedreira e Mano Panforreteiro.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.
Sufriu queimaduras e precisou asistencia sanitaria. No interior das instalacións hai herba seca acumulada, así como un vehículo agrícola, e nestes momentos os medios traballan para atallar as lapas. Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia dos feitos, minutos antes das 13 horas deste luns: vía moito fume no lugar de Cordeiro, na parroquia de Álvare. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, do GES da Pontenova e dos axentes da Garda Civil. Neste intre, os servizos de emerxencias confirmaron que só ardían estas instalacións e traballan para apagar o lume.
Os actos contaron coa participación do director xeral da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, que pasou polo Concello, onde asinou no libro de honra. O alcalde, Dani Vega, concelleiras e concelleiros así como representantes de institucións e colectivos sociais (Aduanas, Acisa, Real Club Náutico de Ribadeo, Xuíz de Paz suplente, xefe da Policía Local) participaron nesta xornada de celebración que continuará pola tarde e pola noite con diversas propostas musicais.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital