O alumnado de 1.º de ESO participou no primeiro dos obradoiros que se puxeron en marcha con motivo do 25N e que se prolongarán ata maio
Viveiro, 29 de novembro de 2023. A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, trasladouse esta mañá aos IES María Sarmiento e Vilar Ponte a través dun proxecto que ten vocación de continuidade. O alumnado de 1.º de ESO participou no obradoiro co que comeza un ciclo que está financiado con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) promoven esta iniciativa que ten como obxectivo “dotar de ferramentas á rapazada para que aprenda a vivir nunha sociedade máis igualitaria e, sobre todo, na que se respecten mutuamente os uns aos outros”, explicou a concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega. Para a responsable municipal de Igualdade, “entrar dentro das aulas e tecer redes cos centros educativos é fundamental”. “Como equipo de goberno, seguiremos traballando a prol de que os nosos rapaces e rapazas fomenten e constrúan cada día unha sociedade mellor”, asegurou.
A sesión desenvolvida esta mañá da inicio ao programa “Eu creo… Nós creamos!” co alumnado dos centros e desenvolverase de xeito quincenal ata o vindeiro mes de maio. Os seus obxectivos son a prevención do acoso e o maltrato, o fomento da empatía e a responsabilidade sobre os propios actos e, especialmente, a sensibilización arredor da violencia machista.
A responsable de impartir o obradoiro é Llerena Perozo, escritora, feminista e cunha longa experiencia no traballo coa comunidade educativa. Entre os temas que se están a tratar, cun enfoque eminentemente práctico, atópanse o acoso escolar, o acoso sexual e o emprego das identidades virtuais.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



