Editáronse 2.200 exemplares que se repartirán fogar por fogar, protagonizados nesta ocasión por diferentes asociacións culturais e de mulleres do municipio
Cervo, 1 de decembro de 2023. O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que irá chegando nos próximos días a cada un dos fogares cervenses.
Nesta ocasión, o almanaque está protagonizado polas asociacións culturais e polos colectivos de mulleres do municipio “cuxa actividade é absolutamente esencial no día a día do muncipio”, precisou a rexedora, que cederon cadansúa instantánea para ilustrar mes a mes este almanaque tan especial.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada e o concelleiro de Zona Rural, Adrián Arias, mantiveron un encontro cos representantes dos diferentes colectivos no salón de plenos do Concello, para amosarlles de primeira man o resultado da recompilación fotográfica, e para entregarlles os primeiros exemplares deste calendario do que se editaron 2200 unidades que serán repartidas por todos os fogares cervenses.
Tal e como apuntou a rexedora, “este calendario é xa é un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais dos teléfonos de interese do noso Concello”.
Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial e moi noso, nesta ocasión visiblemente renovado, presentando unha nova imaxe, pero mantendo o espírito co que foi concibido, co fin de recuperar ano tras ano anacos da nosa historia protagonizados nesta ocasión por estes colectivos, pero que irán mudando edición tras edición “grazas ao rico tecido social, cultural e asociativo que temos no noso municipio” que nos permite dispoñer dun álbum fotográfico extraordinario para poder editar este calendario que é xa parte da historia recente de Cervo.
O Concello de Cervo felicita así, con este almanaque, o Nadal á veciñanza “co desexo de poñerlle cor agora ás 365 páxinas en branco que están por escribir, coa ilusión, as ganas e o desexo de enchelas de bos momentos compartidos e deses proxectos gratificantes soñados por cada un de nós”; tal e como precisa a rexedora a través da carta que encabeza o calendario.
A edición do almanaque marca o inicio do Nadal no Concello de Cervo, que acenderá toda a iluminación coincidindo coa ponte de decembro, a próxima semana; tamén se están instalando este días bonecos de neve elaborados con material de refugallo en todas as parroquias, e un espazo decorado con residuos procedentes do medio mariño na contorna da Casa do Mar, en San Ciprián; “que complementan a xa tradicional decoración do Concello e enxalzan o espírito do Nadal das parroquias”.
























No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



