Coido que cada humano é un ser diferente, algo no que estou seguro que coincido coa totalidade (ou case) do resto da humanidade. Son esas diferencias as que nos consolidan, á nosa propia vista, como únicos.
As diferencias podemos clasificalas como xenéticas, epixenéticas, máis de carácter e outras adquiridas ó longo do desenvolvemento, e outras, de certo parecido coas anteriores polo feito de ser adquiridas ou herdadas, pero diferentes delas por ser totalmente externas á persoa e de base social. Entre estas últimas, inclúense cousas como os cartos a disposición. Cabe notar que os cartos, herdados ou non, non serven para moito se non hai unha sociedade que os acepte, pero o espírito emprendedor, basicamente adquirido, pode salvar a vida dunha persoa mesmo en soidade.
As diferencias non son en xeral medibles dun xeito doado. Si é medible a estatura, ou os cartos no banco, pero asumir números sobre o carácter é cando menos dificultoso. Mesmo o coeficiente de intelixencia (C.I.), que se da sobre unha base de media 100 ou en porcentaxes, e está amplamente estendido, non é tan doado.
Polo anterior, atoparme, na procura doutra cousa, cunha táboa que se atreve a ponderar a intelixencia media da xente de 193 países (en 2023), axuntando ademais datos como anos de escolarización, índice de desenvolvemento humano ou renda per cápita, é cando menos curioso. Máis aló da credibilidade que lle podamos dar. Aínda así, non deixa de chamar a atención que os seis primeiros países da táboa sexan do Extremo Oriente. Por orde: Xapón (106,48 de CI), Taiwan (106,47), Hong Kong, Singapur, China e Corea do Sur (102,35). Os sete seguintes son europeos, e seguen a combinarse durante abondas posicións, entre asiáticos e europeos. Os cinco postos finais inclúen tres países africanos, un da América Central e un asiático, que cerra a clasificación cun CI de 42,99. CI este último que implicaría que a media da poboación tería un retardo mental moderado.
O uso dos datos ten licenza CC0 (é dicir, libre) e inclúe a fonte dos mesmos. Fonte por onde se chega a que en 104 dos países non hai un estudo que pretenda abranguer a toda a poboación, senón só unha análise dunha mostra en certo xeito semellante á que poda ter unha enquisa electoral, ou a que hai variacións, aínda que en xeral non demasiado grandes, segundo unha ou outra estimación feitas. Non moito como base, parece.
Pero abondo para forzar se se quere unha discriminación entre países a nivel mundial. E máis, se vemos outros datos que acompañan, do índice e desenvolvemento humano ó ingreso por cabeza ou mesmo a poboación do país ou o número de premios Nobel. Algo capaz de crear incertidume gratuíta a unha persoa que acceda dende un dos países ‘desfavorecidos’ na ordenación de CI, ou superioridade, non menos gratuíta, nun dos ‘favorecidos’. Tendo en conta ademais que os seis primeiros son poboados de xeito maioritario de longo por xente do grupo que seguimos a chamar ‘raza amarela’ por moito que dende hai tempo se saiba que os humanos somos unha única raza na actualidade, dende a desaparición dos neandertais.
Por certo, curiosidade dentro de curiosidade, segundo eses datos, España, cun CI medio de 93,9, estaría no posto 44, por tras de Italia, Nova Caledonia e Vanuatu. E por diante de Bermuda, Chipre e Portugal, que estarían tamén por diante do ás veces veces afamado intelectualmente Israel, no posto 48 a pesar dos seus 13 premios Nobel tamén computados na táboa…




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



