Burela convértese así no segundo concello da Mariña en poñer en marcha este servizo despois de Cervo, o municipio que alberga a propia planta de residuos orgánicos comarcal
Burela, 15 de decembro de 2023. O Concello de Burela deu comezo hoxe á recollida dos residuos orgánicos nos novos contedores marróns do municipio, sendo o segundo concello da Mariña en implantar este sistema despois de Cervo, que alberga a planta de residuos orgánicos da comarca.
“Tiñamos o compromiso de facelo antes de rematar o ano e así foi, cumprimos o obxectivo adiantándonos ás problemáticas que puideron xurdir”, sinala o concelleiro de Benestar Comunitario, Ramiro Fernández Rey.
“Colocamos os primeiros contedores especialmente xunto a comedores e restaurantes, así como xunto ás casas, e pouco a pouco imos seguir implantándoos en todo o municipio”, apunta o edil.
Nesta primeira xornada xa se recolleron “preto de 400 kilos de restos orgánicos para tratar na planta de Cervo, polo que somos optimistas con respecto á implantación do servizo”, explica Fernández Rey.
O concelleiro quixo agradecer ao técnico de Medio Ambiente Cristian Pérez López “o gran traballo feito para que fose posible cumprir o obxectivo de poñer en marcha o servizo este ano, grazas a el estamos no punto no que estamos”.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



