Ribadeo, 20 de decembro de 2023. Os establecementos hostaleiros de Ribadeo poderán abrir dúas horas máis durante o Nadal grazas a Acisa. Tamén poderán facelo en datas sinaladas ao longo do vindeiro ano 2024.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou: “parécenos moi interesante poder ofrecerlle este servizo os nosos asociados e asociadas, deste xeito dáselles a oportunidade de poder traballar mais horas durante a celebración destas datas de Nadal onde as ceas de traballo, de amigos e de familia son moitas e as ganas de festexar e celebrar son aínda mais. Deste xeito tamén a veciñanza poderá gozar de mais horas de lecer na nosa hostalería. Nestas datas de Nadal, especialmente na noite de fin de ano, queremos animar ás veciñas e veciños de Ribadeo e da nosa contorna, a desfrutar das festas e do ocio nocturno na nosa hostalería. Ribadeo conta cunha gran oferta de ocio nocturno na que poder gozar, sen necesidade de celebrar festas en pisos ou en casas que poden resultar molestas así como evitar os botellóns, que como todos sabemos non se poden facer. Ribadeo ten moito que ofrecer, tamén as noites, onde atopamos locais cun ambiente impecable, con persoal cualificado e trato amable, e por iso animamos a todas e todos a desfrutar destas datas na nosa hostalería”.
Segundo explicou o xerente de Acisa, Jesús Pérez “os locais hostaleiros contan con dúas horas máis de actividade con motivo da das festas de Nadal grazas a Acisa. Ademais, como xa estanmos a piques de comezar o 2024, no dia de hoxe comunicámoslles tamén as ampliacións das que poderán desfrutar ao logo do novo ano, que xa foron solicitadas e concedidas polo Concello, e que incluso se prevé ampliar en determinadas datas ao longo do 2024. Os locais hostaleiros gozarán dunha ampliación de 2 horas mais sobre o seu horario habitual de licenza. As ampliacións segundo licenza son as seguintes: os bares e cafeterías poderán pasar de pechar ás 02:30 a facelo ás 04:30 horas, as discotecas e salas de festas poden pasar das 06:00 ás 08:00 e os pubs das 04:00 ás 06:00 da madrugada”.
Pérez Prada indicou que “grazas a esta autorización tramitada pola nosa asociación estamos a falar de que estas ampliacións horarias poderanse desfrutar durante o Nadal. Trátase de todas as madrugadas do 22 ao 31 de decembro, a madrugada do 31 de decembro ao 1 de xaneiro, con motivo de ano vello, e todas as madrugadas do 1 ao 7 de xaneiro”.
E engadiu que “para o ano 2024 as madrugadas do xoves 8 (Xoves de Entroido) ao 14 de febreiro (mércores de Cinza).A madrugada do 17 o 18 de febreiro, que é o sábado da Queima do Entroido en Ribadeo. As madrugadas do dia 23 de marzo (véspera de domingo de Ramos) a do domingo 31 de marzo (domingo de Resurrección) con motivo da Semana Santa. As madrugadas do 16 ao 17; do 17 o 18 e do 18 ao 19 de maio con motivo da festividade das Letras Galegas. As madrugadas do 12 ao 14 de xullo, datas nas que se celebrará o Ribadeo Indiano. A madrugada do dia 24 ao 25 tamén de xullo, con motivo da festividade do Apóstolo. As madrugadas do dia 14 ao dia 18 de agosto con motivo das festas de San Roque. As madrugadas do 1 de setembro ao 8 de setembro, datas das festas patronais. As madrugadas do dia 11 ao 13 de outubro, con motivo da ponte do Pilar. As madrugadas do dia 31 de outubro ao 3 de novembro, con motivo do dia de Tódolos Santos. As madrugadas do dia 5 ao 8 de decembro, que será a ponte da Constitución e as madrugadas do dia 22 de decembro ao 31 de decembro, con motivo de Nadal de 2024”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



