Burela, 21 de decembro, 2023. Última xornada da FutsalWEC (Friendly Edition) esta tarde de xoves, na que se disputaron o SL Benfica – FC Marlène ás 18.00h e o Pescados Rubén Burela FS – Bitonto C5 Femminile ás 20.30h no pavillón municipal Vista Alegre de Burela. Un encontro moi competido, con dous equipos de moito nivel que demostraron en pista o enorme paso que se deu no futsal feminino a nivel internacional. Coa notable ausencia de Dany debido ao choque de onte ante o Benfica e ante un rival con moita potencia e motivación, as de Julio Delgado non conseguiron superar ás italianas, un conxunto moi forte que competirá mañá ás 20.00h a Gran Final da FutsalWEC ante o SL Benfica.
Comeza o encontro costa arriba para as mariñás, ante un Bitonto que aperta dende o primeiro segundo. O primeiro tiro a porta do Burela non é ata o minuto 6, nunha ocasión moi clara de Cami que fusila á escuadra pero que desvía a porteira italiana. Grandísima primeira parte de Castagnaro que aínda que o Burela non xerou todas as ocasións ás que nos ten afeitos, eran ocasións bastante certeiras das que a maioría conseguiu sacar a porteira italiana. No minuto 7 chega o primeiro gol do encontro cun disparo esquinado de Grieco. No 11 o segundo do Bitonto cun disparo da capitá Lucileia tras unha elegante deixada de tacón de Tampa. De novo no 11 paradón de Caridad tras un tiro moi próximo de Tampa con asistencia de Lucileia tras un pase longo da porteira, e no 13 o 0-3 de Renatinha nun descoido de Caridad que lla pasa directamente á xogadora rival. Tras varias oportunidades do Pescados Rubén, no minuto 15 un paradón de Castagnaro a un disparo de Emilly, outro disparo que roza o segundo pau de Irene Samper e de novo Emilly no 26 que dispara á cruceta. Chega o descanso co marcador do Pescados Rubén sen goles, 0-3.
No segundo tempo o Burela móstrase máis esperto, comeza presionando cunha primeira oportunidade clara de Patricia que detén de novo Castagnaro. 0-4 no minuto 25 cun gol de Mansueto tras unha boa transición. Chega o primeiro gol do conxunto local segundos despois, cun disparo potentísimo de Patricia coa zurda. No minuto 26 saímos con xogo de 5 con Cilene de porteira-xogadora e no 27 chega o 1-5 cun gol de Diana a portería baleira. Segundos despois Emilly consegue rascar o 2-5 coándolla a Castagnaro cun derechazo raso e de novo no 32 a mesma Máquina Marcondes, con asistencia de Rafinha desde a liña de fondo. Varias oportunidades para o Burela suceden nos últimos minutos, con xogo de 5, pero non conseguen remontar o resultado quedándose ás portas do campionato.
Desde o club damos parabén aos equipos que pasaron á final, tanto o Bitonto C5 Femminile como o SL Benfica, e desexámoslles moita sorte para a tarde de mañá en Vista Alegre, alí estaremos!
Todos os partidos da FutsalWEC poden verse en directo por streaming (prepartido, partido e postpartido) a través desta ligazón (Locutados polo noso habitual Miguel Albo, coa especial colaboración de David Rial, adestrador do equipo masculino do Peixes Rubén Burela FS. Tamén lles acompaña Joaquín Vázquez): https://futsalwec.com/directo/
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Bitonto C5 Femminile
Pescados Rubén Burela FS (3): Caridad; Cami, Irene Samper, Patricia, Emilly -quinteto inicial-, Dany, Cilene, Antía Pérez, Aroa, Rafinha, Noelia Montoro, Jozi Oliveira. Entrenador: Julio Delgado.
Bitonto C5 Femminile (5): Castagnaro; Tampa, Diana, Renatinha, Lucileia -cinco inicial-, Nicoletti, Pezzolla, Trumino, Grieco, Divincenzo, Mansueto, Pernazza.
Goles: 0-1, min.7: Grieco. 0-2, min.11: Lucileia. 0-3, min.13: Renatinha. 0-4, min.25: Mansueto. 1-4, min.25: Patricia. 1-5, min.28: Diana. 2-5, min.28: Emilly. 3-5, min.32: Emilly.
Árbitros: Darriba Rivas, Vilas López, Díaz Marey y Fernández Dacosta.
TA: Rafinha, Noelia Montoro, Julio Delgado, Gianluca Marzuoli.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



