Besteiro adianta que o BOE publicará mañá unha modificación do Real Decreto que regula os dereitos de acceso e conexión á rede das instalacións renovables. Isto permitirá poñer en funcionamento os catro parques eólicos pendentes que garanten a viabilidade da planta de Alcoa en San Cibrao
Madrid, 26 de decembro de 2023. Tras varios días traballando co Ministerio de Transición Ecolóxica na busca dunha solución que garanta a continuidade da factoría de Alcoa na Mariña, o candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse hoxe en Madrid coa ministra Teresa Ribera. A reunión tiña por obxecto desbloquear a tramitación dos parques eólicos da zona que garantirán que Alcoa San Cibrao poda contar en 2024 cun subministro de enerxía limpa a prezo competitivo que permita continuar coa actividade da factoría, que emprega de maneira directa a máis de 1.100 persoas.
Ao remate da reunión, Besteiro anunciou que o Goberno publicará mañá no BOE unha modificación do Real Decreto que regula os dereitos de acceso e conexión á rede das instalacións renovables, o que permitirá autorizar e poñer en funcionamento no primeiro trimestre de 2024 os catro parques eólicos que estaban pendentes para dar servizo á planta de Alcoa en San Cibrao.
“A modificación permitirá dar prioridade aos parques eólicos que teñan declaración de impacto ambiental favorable, aínda que estean fóra do prazo límite previsto. É unha excelente nova para Galicia, xa que que vai garantir a continuidade da planta de Alcoa na Mariña”, afirmou o candidato socialista, quen agradeceu o compromiso do Goberno de España para sacar adiante estes proxectos, mentres que censurou que o goberno de Rueda “non fixera os deberes con tempo” e “non se preocupara de desbloquear esta situación”.
Besteiro considerou que “a desidia e abandono do goberno de Rueda puxo en risco a viabilidade da planta de Alcoa na Mariña” ao entregar os informes sectoriais ao Goberno o día 14 de novembro, último día do prazo límite para emitir as declaracións de impacto ambiental, o que motivou que estas non puideran emitirse en tempo e forma, poñendo en risco a continuidade da factoría.
Está previsto que un total de nove parques eólicos subministren a Alcoa-San Cibrao a enerxía necesaria para producir alúmina e aluminio a un prezo competitivo. Deles cinco xa foron autorizados polo Ministerio de Transición Ecolóxica. No caso doutros catro, o Goberno de España agardou ata o último día do prazo, fixado o 14 de novembro, día no que a Xunta de Galicia remitiu a Madrid os seus informes sectorais, polo que non foi posible completar a tramitación administrativa en prazo.
Con esta modificación lexislativa, o Goberno demostra o seu compromiso co emprego e con Alcoa e permite que os parques eólicos podan continuar a súa tramitación, garantindo o subministro enerxético á planta, pese ao retraso da Xunta de Galicia na tramitación da parte do expediente que lle corresponde.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.


