A institución provincial achega máis de 2.600€ para a andaina participativa deste ano, unha actividade que congregou a unhas 200 persoas e que consiste nunha ruta de sendeirismo de 13,5 quilómetros polo concello fonsagradino
Lugo, 27 de decembro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar un acordo co Club de Montaña Terras de Burón para colaborar na andaina participativa que se celebrou por primeira vez este ano, unha actividade que congregou a unhas 200 persoas e que consiste nunha ruta de sendeirismo de 13,5 quilómetros polo concello da Fonsagrada. A institución provincial achega máis de 2.600€ para esta iniciativa.
Destacou o mandatario provincial que esta ruta de sendeirismo serve “para poñer en valor o patrimonio natural e dinamizar a vida do municipio”, engadindo que esta colaboración é un exemplo do compromiso da Deputación por traballar da man do tecido asociativo da provincia para sacar adiante iniciativas positivas para o desenvolvemento social e económico.
A responsable do Club de Montaña Terras de Burón, Nuria Fernández Yáñez, sinalou que se trata dun percorrido sen apenas dificultade, “para que poida participar todo o mundo”. Explicou que consta de 13,5 quilómetros e que ten un desnivel de 650 metros positivos. Entre os participantes deste ano, chegaron persoas desde Bilbao, Madrid, Asturias, Castela e León e mesmo Barcelona, aínda que a meirande parte foron da Fonsagrada e dos arredores.
O Club de Montaña Terras de Burón naceu na Fonsagrada no ano 2021 co obxectivo de practicar o montañismo como deporte principal. O deseño desta andaina pretende achegar á poboación ao deporte de montaña neste territorio combinando deporte, turismo, gastronomía e cultura.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



