Ribadeo, 8 de xaneiro de 2024. Ribadeo foi o referente astur galaico este Nadal. Así o subliñou o alcalde, Dani Vega, que fai un balance moi positivo das festas que acaban de rematar.
O rexedor declarou que “desde o Concello facemos unha valoración moi positiva deste Nadal. O impacto económico foi moi importante, solo facía falla saír ás rúas de Ribadeo e ver ateigado por completo o noso concello e desde logo estamos moi satisfeitos do traballo feito, dun traballo conxunto e entre todos”.
Vega dixo que “tanto comercio, restaurantes como hoteis fan unha valoración moi positiva. Falamos esta mañá coa Asociación de Comerciantes, dixéronnos que están satisfeitos e todos coinciden na mesma frase Ribadeo tivo o mellor Nadal dos últimos anos”.
Para o alcalde ribadense “o traballo conxunto da os seus froitos, o traballo entre todos é o que trae beneficios directos a Ribadeo e desde logo creo que organizar eventos e actividades, é dicir dinamizar Ribadeo é o obxectivo e conseguímolo entre todos. A pista de xeo, RibaXogo, musicais, concertos e deportes converteron a Ribadeo no referente astur galaico do Nadal. Solo fai falla consultar, por exemplo, na pista de xeo a onde chegaron persoas procedentes de Vigo, da Coruña ou xente de Lugo que viña a Ribadeo á pista de xeo. Todos viñeron aquí. Eu creo que iso é o que temos que seguir facendo, converter a Ribadeo nese referente, que é xa. Vamos traballar conxuntamente todos”.
Daniel Vega comentou que “este Nadal houbo novidades e para o seguinte imos traballar para melloralo. Pedimos disculpas naquilo no que nos puidemos equivocar, pero estamos satisfeitos. Queremos darlles as grazas a todos: desde a organización da Cabalgata de Reis, aos voluntarios todos que nos viñeron axudar en actividades como a San Silvestre, a todas as persoas que colaboraron neste Nadal dalgunha forma, grazas a todos porque entre todos, eu sempre o digo, melloramos todas as actividades que quere e que necesita Ribadeo. Grazas tamén a todos os camareiros e camareiras dos bares, dos restaurantes, dos hoteis porque dalgunha maneira sodes guías, persoas que abrides Ribadeo e necesitamos que todos teñamos ese obxectivo común que é abrir Ribadeo, abrir esas portas sistematicamente. Creo que entre todos o fixemos e vamos seguir facéndoo. E facemos ese balance positivo, a satisfacción do traballo ben feito e que trouxo beneficios para Ribadeo”.
Pola súa banda, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “o sabor que nos deixa este Nadal é moi doce: rúas cheas de xente, moi boa campaña de vendas no comercio, boas cifras no sector hostaleiro… Foron repartidos 30.000 descontos para a pista de xeo e 170.000 papeletas para a Festa do Comercio, que celebraremos o vindeiro sábado, 13 de xaneiro. Son dous indicadores importantes do movemento comercial xerado en Ribadeo nas últimas semanas. Houbo actividades para todos os públicos. De aí que o balance que podemos facer é moi positivo”.




















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



