Ribadeo, 10 de xaneiro 2024. Máis de 3 xeracións de veciños e visitantes da Mariña gozaron de Casa Foguete, o restaurante rexentado por Pedro Burgo Rañón, coñecido como Pedro “Foguete”. Case 90 anos de historia fixeron do restaurante, e do seu rexente, un referente na zona. Unha casa de comidas onde Pedro daba o mellor de si para que todos os seus comensais “sentisen como na casa”. Por iso, os hostaleiros e amigos de Ribadeo, localidade natal do empresario, queren renderlle homenaxe nunha comida que terá lugar o próximo 20 de xaneiro no restaurante Náutico. O evento é aberto ao público, polo que todo aquel que queira acompañar a Pedro “Foguete” nesta emotiva comida poderá facelo comprando a súa tarxeta. A venda delas realizarase no restaurante ata completar aforo.
Pedro dedicou toda a súa vida á hostalería e recibiu a noticia da homenaxe con moita alegría: “creo que no merezco un homenaje. Viniendo de los amigos y compañeros es algo maravilloso. Espero estar a la altura y seguir intentando tratar a todo el mundo con el máximo respeto y educación. Me siento profundamente agradecido por este enorme cariño”.
A súa proximidade e personalidade única fixeron que o restaurante, xa consolidado como casa de comidas pola súa nai Concha, sempre estivese en primeira liña como referente gastronómico e obtivese unha extensa lista de recoñecementos, como o Premio Nacional de Hostalería pola Federación española de bares e restaurantes ou o nomeamento de Caballero da Orde do Camiño de Santiago. Con todo, o que máis feliz fíxolle foi o que recibiu a súa nai, o Álvaro Cunqueiro a “Toda unha vida”.




















O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.


