É o primeiro partido con representación no Parlamento de Galicia que inscribiu na Xunta Electoral Provincial a súa lista para concorrer ás eleccións do 18-F
Lugo, 13 de xaneiro de 2024. O PSdeG-PSOE da provincia de Lugo rexistrou onte venres a mediodía na Xunta Electoral Provincial a súa candidatura para concorrer ás eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro, encabezada polo candidato socialista á Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro. É o primeiro partido dos que teñen representación no Parlamento de Galicia que inscribiu a súa lista pola provincia lucense.
Unha candidatura que o Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, valorou como a “mellor posible, un equipo sólido, con traxectoria de xestión en distintos niveis da administración, con perfís profesionais de diversos ámbitos, que aportan experiencia e xuventude, e que representan á totalidade do territorio”.
“Lugo aporta sen dúbida o mellor equipo dos que se presentan a estas eleccións autonómicas, e temos a sorte de que quen o encabeza é o candidato”, subliñou José Tomé, convencido de que “vai ter un gran resultado e contribuír de maneira determinante a activar o cambio en Galicia liderado por Besteiro”.
O candidato socialista á Presidencia da Xunta “é moi valorado na provincia, e estou seguro de que vai recibir o cariño dos galegos en forma de votos. A partir de aí, abrirase unha etapa de esperanza e de ilusión para Galicia, que o necesita moito”. “Galicia precisa saír desta parálise, porque hai que facer cousas aínda que nos equivoquemos. Non facer nada non é a solución”, asegurou José Tomé.
“É urxente activar o cambio en Galicia, un cambio no que a provincia de Lugo vai ser determinante”. “Por fin, os lucenses deixarán de estar discriminados polo Partido Popular, porque os socialistas, con Besteiro como Presidente da Xunta, seremos capaces de poñer en marcha un novo proxecto de esperanza, de ilusión, de impulso e de novas oportunidades, que acaben coa inercia e a parálise na que o PP ten sometida a Galicia. Traballaremos polo futuro que necesita e que merece a nosa provincia”, recalcou o Secretario Xeral dos socialistas na provincia.
A candidatura rexistrada polo PSdeG lucense é a seguinte:
1.- José Ramón Gómez Besteiro
2.- Lara Méndez López
3.- Mayra García Bermúdez
4.- Miguel Tomé López
5.- Teresa Fernández Pérez
6.- Jaime Losada Sobrado
7.- Elena Cordero Becerra
8.- Manuel Eduardo Fernández Varela
9.- Catalina Fernández Domínguez
10.- Roberto Castro González
11.- Marina Ramudo Graña
12.- Miguel Ángel Vilar Rivas
13.- Silvia Rodríguez Díaz
14.- Jorge Val Díaz
Suplentes:
1.- Miguel Ángel Crende López
2.- Olimpia López Rodríguez
3.- Pablo Núñez González
4.- Ana Hortas Alonso
5.- Miguel Caloto Conde



















A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



