Foz, 19 de xaneiro de 2024. A concelleira socialista Inés López Couto resposta ás críticas do PP explicando que “o líder da oposición non se tería que enterar de nada pola prensa se acudira á comisión de asuntos preparatorios dos plenos a informarse, como é a súa obriga e como indica o seu posto de titular na mesma. Tamén podería acceder aos documentos do expediente que levan dende o luns á súa disposición. O señor Castiñeira continúa na súa liña de irresponsabilidade co seu pobo, non aportándolle nada, salvo palabras grandilocuentes e insultos ao alcalde”.
Inés López engade: “é obvio que calquera asunto que se vai levar a unha comisión ou un pleno é para aprobalo; as sesións son para dialogar, aportar e que existan medidas que melloren a vida dos veciños. Agora o voceiro do PP sae con leccións do 2011, pero non recorda que quen aprobou a suba á actual concesionaria en pleno foi el e o seu grupo, subida que condicionou a perda do xuízo contra a mesma, xa que non lles foi necesario moito esforzo para gañalo porque o Concello regalou a súa pel e a dos seus veciñ@s. O actual goberno tivo que facer fronte a máis de 700.000 euros anuais, incluso dos anos nos que el gobernou, aprobou a subida e non a pagou. Tamén debería explicar aos veciños o que supón o lugar que elixiu para a nova depuradora de Foz, cun bombeo que vai supor máis de 160.000 euros anuais en electricidade, máis de 15 euros ao ano por abonado, por empeñarse en levala por riba do nivel do mar. Falando mal, a merda non sube”.
E López Couto finaliza a contestación ao PP: “o mesmo de sempre, saír na prensa de forma, no seu caso, prepotente de verdade.”

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



