A candidata número tres da candidatura socialista pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas mantivo hoxe en Foz un encontro con alcaldes, alcaldesas e voceiros mariñanos na que fixeron un repaso sobre a falta de investimentos da Xunta de Galicia na Mariña
Foz, 23 de xaneiro de 2023. A número tres da candidatura socialista pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas, Mayra García Bermúdez, mantivo este martes á tardiña un encontro en Foz no que participaron alcaldes, alcaldesas e voceiros e voceiras municipais da Mariña na que fixeron un repaso sobre a falta de investimentos da Xunta de Galicia na Mariña.
García Bermúdez evidenciou “o abandono e castigo” que amosan as contas da Xunta para A Mariña, con “partidas que no mellor dos casos, son insuficientes e que en numerosas ocasións non chegan a executarse”. Todas as emendas que presentou o PSdeG no Parlamento aos orzamentos foron rexeitadas polo PP, polo que apuntou que será agora cando “terán que explicarlle aos veciños e veciñas da comarca porqué non apostan de xeito decidido pola VAC Costa Norte, por exemplo, porqué tampouco queren poñer en marcha as novas EDAR de Foz e de Burela, porqué non queren mellorar a cuberta do colexio de Trabada, porqué non queren mellorar o acceso ao IES de Alfoz-Valadouro ou porqué non queren que os veciños de Trabada e de Foz dispoñan dun auditorio”, dixo, ao tempo que indicou que “terán que explicarlles a todas e todos os mariñáns porqué sempre se posicionan en contra dos intereses da nosa comarca”.
“O PP deixou tirada á Mariña. Nestes case 15 anos, nin Feijóo nin Rueda moveron un dedo pola Vía de Alta Capacidade Costa Norte de Ferrol a San Cibrao. Non fixeron nin un metro máis dos que deixou licitado o Goberno de Pérez Touriño”. Así o manifestou García Bermúdez no encontro, onde avanzou que será o candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, quen execute as obras desta vía estratéxica para a mobilidade e o desenvolvemento da comarca mariñá e lle dará á Mariña o impulso do que o PP nos leva privando dende hai 15 anos”.
“Recuperaremos o tempo perdido, e faremos o que non fixeron nin Feijóo, nin Rueda durante estes anos, nos que puxeron en pausa esta infraestrutura clave, como tantas outras en toda a provincia de Lugo e en toda Galicia”, apuntou Mayra García, quen dixo que “os socialistas darémoslle solución, como facemos sempre, arranxar os problemas e impulsar os investimentos para avanzar”.
“As infraestruturas e a mobilidade son elementos de competitividade estratéxicos para calquera territorio e a día de hoxe lastran o crecemento da nosa comarca”, afirmou a socialista.
Falta de compromiso e traizón á Mariña
Neste encontro fíxose un repaso tamén da situación actual da comarca, cada vez máis desindustrializada pola falta de compromiso da Xunta de Galicia, non só no que se refire a infraestruturas senón tamén a que o goberno galego non asume as súas competencias e non aposta polo futuro da Mariña nin de Galicia.
“Chega con recordar como actuou o PP ante o peche de Vestas e Albo, poñéndose de perfil a pesar de que A Xunta ten as competencias en política industrial, pero a súa única política é a inacción”, afirmou. Así mesmo, os socialistas afirman que o PP traizoan á Mariña cando Feijóo anuncia “que Altri se instalará na Mariña, cando hai un acordo do Parlamento de Galicia para que preferiblemente se establecera aquí porque aquí producimos o eucalipto, e polo tanto aquí temos a materia prima”.
Tamén asegurou que agora mesmo a comarca volve estar nun momento difícil. Expuxo que hoxe mesmo a Secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró mantivo unha reunión co comité de empresa e convocou para o próximo venres unha nova reunión da comisión de seguimento de Alcoa. “A Secretaria de Estado manifestou o firme compromiso do Goberno de España para traballar pola industria do aluminio en Galicia e para unha empresa estratéxica como é Alcoa, e así llo quixo transmitir a todos os traballadores e traballadoras”, apunto a candidata.
Nas súas palabras foi firme ao manifestar que a situación de Alcoa “preocúpanos a todos pero a diferencia do PP da Xunta de Galicia temos un Goberno en España que afronta os problemas e que intenta buscar solucións para garantir os postos de traballo dos traballadores e traballadoras”.
“O PP está lastrando o potencial, as oportunidades e a capacidade de crecemento social e económico da Mariña”, subliñou.
O cambio virá con Besteiro
A socialista incidiu en que “cada día está máis cerca o cambio político que necesita Galicia, cun Goberno encabezado por Besteiro, “con liderado, con impulso e cun proxecto para mellorar a vida dos galegos e galegas centrado na recuperación dos servizos públicos, na reindustrialización baseada na economía verde e en completar o mapa das infraestruturas”.
“A Mariña ten moitas posibilidades, pero moitas delas adormecidas por quen está na Xunta”, concluíu.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



