Patricia Otero apunta que o goberno central non descarta a intervención da planta, pero pídelle antes á empresa que acredite a súa situación financeira e determine as necesidades para traballar na viabilidade
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2024. A parlamentaria socialista Patricia Otero reclamou hoxe “respectar a vontade dos traballadores” de Alcoa, que están a esixir o cumprimento dos acordos asinados en 2020 para reiniciar as cubas e garantir a continuidade dos postos de traballo. Así o dixo no debate da Deputación Permanente para pedir a comparecencia do presidente da Xunta, a quen lle reclamou que concrete as medidas da Xunta para garantir os postos de traballo.
A responsable socialista subliñou que os socialistas galegos “seguimos no que piden os traballadores, seguimos a respectar a súa vontade, e todos e todas debemos centrar os esforzos nese camiño neste momento”. Sinalou que “é o momento de que as administracións lle esixan a Alcoa que cumpra coas administracións e cos traballadores para garantir a reapertura da planta de aluminio de San Cibrao”.
Salientou a posición “coherente e responsable” do Ministerio de Industria, que lle está a reclamar á empresa que acredite a súa situación financeira e determine as necesidades para a planta, seguindo o seu “compromiso firme” para traballar pola continuidade da actividade nun sector estratéxico como o aluminio en España, Galicia e na Mariña.
Adiantou que “non se descarta ningunha medida, nin sequera a intervención da planta”, pero puntualizou que “neste momento estamos noutro escenario”, que é o de “respectar o que pediron e votaron os traballadores da planta, que non é outra que se cumpra o acordo”.
Otero reclamoulle ao PP que clarifique se están a seguir a liña do actual presidente da Xunta, chamando á unidade e evitar buscar rédito político, ou a da conselleira de Industria e da candidata do PP en Lugo Elena Candia, “galopando na primeira liña da demagoxia e do populismo”. Criticou que aproveiten a situación para “intentar sacar tallada”, chegando a acusar ao PSOE de “desmantelar” Alcoa.
Reclamoulle ao goberno galego que clarifique como está a cumprir coa súa parte do acordo para presionar á multinacional, e lembrou que están a agardar pola autorización para a ampliación da balsa de lodos vermellos que garanta a continuidade da planta de Alúmina. Lembrou que o PP que agora se abre á intervención da planta é o mesmo que privatizou a empresa, e reclamoulle a Rueda que clarifique se o seu suposto apoio a esta medida inclúe fondos propios da Xunta.
Afeoulle ademais ao BNG que desboten o acordo asinado polos traballadores e se limiten a pedir a intervención da planta pero sen clarificar se están a falar dun proceso temporal, dunha nacionalización ou nunha participación no capital da sociedade. Reclamou que “non quede nun eslógan” do BNG que mentres tanto “o único que fai é darlle un balón de osíxeno a quen quere o peche da factoría” e ademais “debilita” a posición dos traballadores..





















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



