Burela, 29 de xaneiro de 2024. A Concellería de Cultura do Concello de Burela e a Biblioteca Municipal entregaron os premios dos certames de postais e poesía infantil do Nadal.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, felicitou a “todos e todas as participantes” e agradeceu a implicación da comunidade educativa de Burela.
Nos premios de poesía, en categoría A (ata 8 anos) o primeiro premio foi para Teo Domínguez García, de 7 anos e do CEIP Vista Alegre; o segundo para José María García Fra, de 8 anos e do CEIP Vista Alegre, e o terceiro para Leo Fraga Río, de 7 anos (CEIP Vista Alegre).
Na categoría B (de 9 a 11 anos) gañou Lucas Ballesteros Pedre, de 11 anos e do CEIP Vista Alegre; Jimena Domínguez García foi segunda (11 anos e do CEIP Vista Alegre), e o terceiro premio foi para Jorge Melo Reigosa, de 11 anos e do CEIP Vista Alegre.
Todos os traballos participarán en febreiro na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Nodal de Lugo.
No certame de postais, en Educación Infantil o primeiro premio foi para Naia Fontenla Suárez, de 5 anos e do CEIP Vista Alegre; Sergio Fernández González, de 4 anos e do CEIP Vista Alegre, foi segundo, e terceira, Luz Gonçalves Santomé, de 3 anos e do CEIP Virxe do Carme.
En 1º e 2º de Primaria, o primeiro premio foi para Mateo Chamosa Carro, de 7 anos e do CEIP Fondo Nois; o segundo para Alejandro Diéguez Ruíz, de 6 anos e do CEIP Fondo Nois, e o terceiro para Helena Turcu, de 6 anos e do CEIP Virxe do Carme.
En 3º e 4º de Primaria, o primeiro premio foi para Pedro Cociña Lestao, de 8 anos; o segundo, para Assila Natasha Komarodin Mulyani, de 8 anos, e o terceiro para José María García Fra, de 8 anos. Os dous primeiros son alumnos do CEIP Virxe do Carme, e o terceiro, do CEIP Vista Alegre.
En 5º e 6º de Primaria, o primeiro premio foi para Jimena Domínguez García, de 8 anos e do CEIP Vista Alegre; o segundo premio, para Jean Pierre De La Nuez Cardenas, de 10 anos e do CEIP Virxe do Carme, e o terceiro premio para Clara Vázquez Cayón, de 10 anos e do CEIP Virxe do Carme.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.


