O Delegado do Goberno, xunto á candidata ás autonómicas pola provincia Mayra García Bermúdez, e o Alcalde de Pol, puxeron en valor en Mosteiro o investimento do Executivo de Pedro Sánchez nos concellos máis pequenos e o compromiso do candidato do PsdeG á Presidencia da Xunta co impulso do rural
Mosteiro (Pol), 2 de febreiro de 2024. O Delegado de Goberno en Galicia, Pedro Blanco, deixou hoxe patente en Pol que os “socialistas temos un proxecto de país que liderará Besteiro na Xunta o próximo 19 de febreiro”. Fíxoo durante un percorrido pola feira deste núcleo polense xunto á candidata socialista ás eleccións autonómicas pola provincia Mayra García Bermúdez, o Alcalde de Pol, Lino Rodríguez, a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, concelleiros e concelleiras, así como compañeiros e compañeiras das agrupacións socialistas da comarca.
Blanco avanzou que con Besteiro “lograremos ter a Galicia que queremos. Unha Galicia que medre, que entende, defende e que está orgullosa do rural, e que traballará da man do Goberno de España para ofrecer solucións, crear oportunidades e construír o futuro”.
“Vir ata Pol é para min unha satisfacción, a satisfacción do deber cumprido. Porque este Goberno estivo como ningún outro do lado dos pequenos concellos, impulsando proxectos que chegaron por primeira vez aos municipios de menos de 5.000 habitantes, facendo fronte ao reto demográfico”, subliñou.
Así memo, explicou que esta aposta por atallar o despoboamento e o abandono do rural contrasta coas políticas erráticas do PP, “que non acaba de ver que o que precisan estes concellos son investimentos que dinamicen a actividade económica, amplíen servizos e permitan fixar poboación”.
Nas súas palabras, a “Xunta de Feijóo e Rueda mirou para outro lado ante a exclusión financeira polo peche de sucursais bancarias e que non foi quen de exercer as súas competencias en materia de industria para salvar centos de empregos na provincia, dos que viven milleiros de familias, incluso comarcas enteiras. Fronte a iso, o Goberno socialista de Pedro Sánchez subiu as pensións por primeira vez dos 1.000€, aumentou a afiliación á Seguridade Social e lográronse facer máis de 27.000 contratos indefinidos.
Apostar polo rural
A candidata socialista ás eleccións autonómicas Mayra García Bermúdez fixo un chamamento en Pol a apostar pola recuperación dos servizos públicos e a acabar da man de Besteiro coa política de recortes do PP en Galicia e, de xeito particular, no rural. “Temos un rural que esmorece pola falta de implicación do Partido Popular, que nos deixa os centros de saúde sen médicos, os colexios sen mestres, cunha situación que aboca á xente a marchar destas marabillosas paraxes que están cheas de oportunidades”, denunciou.
“En 213 concellos está un 15% da poboación galega, no rural, que precisa políticas positivas que son as que vai aplicar Besteiro, prestando atención aos servizos públicos, non podemos seguir na Galicia de dúas velocidades. Necesitamos un presidente coma Besteiro que crea realmente nas oportunidades do rural”, asegurou Mayra García.





















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



