María Jesús Lorenzana, os candidatos da comarca ao Parlamento galego Alfonso Villares e José Manuel Balseiro, alcaldes e portavoces da comarca analizaron a situación de Alcoa nunha reunión en San Cibrao
A Mariña, 2 de febreiro de 2024. O PP lucense trasladou o seu apoio ao emprego -preto de 2.000 postos de traballo directos en xogo e máis doutros tantos indirectos- e xulgou como “irrenunciable” o mantemento da actividade industrial na Mariña tras unha reunión de traballo na que participaron os candidatos da comarca ás eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro, Alfonso Villares e José Manuel Balseiro, entre outros membros da candidatura, alcaldes e portavoces e á que acudiu a titular de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego e candidata pola provincia da Coruña, María Jesús Lorenzana.
Os populares piden ao Ministerio de Industria unha postura firme sobre a planta de Alcoa “e que dea un ultimato á empresa para que clarexe os seus plans de futuro para a fábrica da Mariña ou que traballe nunha saída ordenada, porque a actitude tanto do Ministerio como da dirección de Alcoa está a xerar incertezas”. Así mesmo, manifestan “o compromiso do Executivo galego de apoiar con tódalas ferramentas e competencias ao seu alcance para que a empresa cumpra cos compromisos adquiridos”. Se a compañía non cumpre, “o Goberno galego estaría disposto a apoiar a intervención temporal e instrumental de Alcoa ata buscar un novo comprador”, pero remarcan que “esa decisión lle corresponde ao Goberno de Sánchez”.
Así mesmo, incidiron en que “está nas mans do Goberno central garantir un marco enerxético estable e competitivo, que é outro dos problemas aos que se ten que enfrontar a planta; pero nin o PSOE nin o BNG como socio necesario se puxeron mans á obra para a elaboración de novas medidas de apoio verdadeiramente efectivas no marco do estatuto electrointensivo”. Ambas formacións incluían no seu pacto para investir a Sánchez presidente no 2020 axudas para as electrointensivas e “catro anos despois o seu futuro está no aire e nin sequera se acordaron de volver poñelo sobre o papel no novo pacto asinado no 2023”.
Fronte á postura de socialistas e nacionalistas, dende o Partido Popular defenden que “todos -empresa, institucións e partidos políticos- debemos estar á altura para o mantemento do emprego e da actividade industrial na comarca”.
AXUDAS DE COMPENSACIÓN DE CO2 INSUFICIENTES
Os populares aclaran tamén que “as axudas de compensación de C02 anunciadas polo Goberno de Pedro Sánchez son insuficientes e non permitirán ás empresas electrointensivas dispoñer dun prezo competitivo como dispoñen en Francia e Alemaña.
“O que nos vende o Executivo é unha cortina de fume porque os 300 M€ anunciados só supoñen o 8,8% do total dos ingresos de CO2 cando o límite máximo que permite a UE é do 25% dos ingresos, o que podería supoñer unha dotación de 850M€”. A diferenza, uns 550M€, é o que provoca que en España as empresas electrointensivas sigan pagando tres veces máis o prezo final da enerxía que en Francia ou Alemaña.
OUTROS ACTOS NA MARIÑA
María Jesús Lorenzana tamén participou noutros actos coa candidatura do PP lucense ás autonómicas na comarca da Mariña: no mercado semanal de Burela e nunha visita á empresa Gloswind e á cidade de Viveiro.






















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



