O alcalde, Dani Vega, explicou que “estivemos en todo momento en contacto con Viesgo, pendentes do que estaba a acontecer. Finalmente tras tres horas e media sen luz o servizo quedou restablecido en Ribadeo”. E engadiu: “sabemos as importantes molestias causadas á poboación, pero o temporal de vento foi moi forte en toda esta zona”.
Ás seis menos cuarto da tarde deste xoves, Ribadeo recuperaba o subministro eléctrico, tras sufrir un corte de tres horas e media de duración
Ás seis menos cuarto da tarde deste xoves, Ribadeo recuperaba o subministro eléctrico, tras sufrir un corte de tres horas e media de duración
Relacionado
-
Este domingo terá lugar a XXVI Edición da Feira Cabalar e de Gando de Lago, Xove
-
Aprobada por unanimidade a regularización das taxas da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo
-
O BNG de Ribadeo consegue que a corporación municipal inste á Xunta a buscar solucións inmediatas para o servizo de pediatría.