O director xeral de Cultura informa que a adquisición supón a incorporación de case 20.000 m2 á superficie para reforzar os usos sociais e culturais deste espazo
Castro de Rei, 9 de febreiro. A Xunta de Galicia vén de adquirir seis terreos da contorna do Castro de Viladonga, o que permitirá ampliar usos sociais e culturais deste espazo e os traballos de escavación e investigación. Así o informou hoxe o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, durante a súa participación na apertura da mostra O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
“A adquisición destas seis parcelas suporá a incorporación de case 20.000 m2 á superficie do Castro co obxectivo de continuar coas escavacións arqueolóxicas e afondar na significación histórica e patrimonial deste espazo”, explicou Anxo M. Lorenzo. Ademais, con esta medida o Goberno galego tamén avanzará nos estudos do sistema defensivo do Castro, así como no de outras zonas de intensa ocupación e utilización.
Precisamente, a mostra inaugurada hoxe no Museo do castro é froito dun gran traballo de investigación e saca á luz unha ampla colección de acibeches recuperados durante máis de 50 anos de escavacións. A mostra, que estará dispoñible ata o mes de decembro, conta con sete pezas e oito fragmentos de acibeche en bruto mediante reproducións fotográficas para poñer en valor o traballo artesanal do acibeche na antigüidade e dar a coñecer as elaboracións e producións desa época, destacando especialmente pezas -en imaxes- como os osos ou os medallóns tallados co acibeche de Whitby.
Ademais, na exposición tamén se dan a coñecer os resultados obtidos durante os traballos de investigación coas imaxes e análises do miscroscopio electrónico de barrido, o que permitiu confirmar a presenza de icnofósiles de paleoxilófagos nun dos aneis da colección, así como a elaboración desta mesma peza en acibeche astur. Todo isto reafirma a idea da existencia dun taller no propio Castro de Viladonga.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



