As persoas inscritas no curso de bordado elaboran almofadas para mulleres operadas de cancro de mama
Burela, 15 de febreiro de 2024. O Concello de Burela quere dar a coñecer a iniciativa ‘Corazón Solidario’, na que están a colaborar as mulleres inscritas no curso de bordado que organiza o Concello de Burela e imparte María José Mon.
A orixe desta iniciativa sitúase no ano 2001 nun hospital norteamericano. Alí, unha enfermeira do servizo de Oncoloxía tivo que ser operada de cancro de mama. Foron as súas tías as que idearon unha almofada que se axustaba confortablemente debaixo do brazo, reducindo de maneira notable a dor da incisión, ao non premer o edema orixinado pola intervención.
Dados os bos resultados obtidos, axiña se fixo extensiva a entrega de almofadas a mulleres operadas de cancro de mama noutros países.
Grazas ao esforzo das voluntarias do curso de bordado de Burela, xa se fixeron un importante número de ‘corazóns’, que elas mesmas van entregar á Asociación Española Contra o Cancro e á Asociación Esperanza, que á súa vez os entregarán na unidade de Oncoloxía do Hospital da Mariña para que de xeito gratuíto os repartan entre as mulleres operadas de cancro de mama.
E como a finalidade desta acción é a de facer o maior número posíbel de ‘corazóns’, solicitan a colaboración de toda a veciñanza de Burela para que lles fagan chegar material co que confeccionar os ‘Corazóns Solidarios’.
Calquera dos materiais cos que se confeccionan estes coxíns terapéuticos poderán adquirirse nos seguintes comercios da vila:
– Lanas Pacita, Rúa O Río, 5
– Mercería Paca, Av. Arcadio Pardiñas, 77
– Mercería Ajuar, Rúa Rosalía de Castro, 30
– Decoracións Pura, Rúa Pardo Bazán, 9
– Tecidos Baltar, Rúa Eijo Garay, 2





















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



