Ribadeo, 22 de febreiro de 2024. O Concello está a traballar para solucionar os problemas que presenta a pista multideporte.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “o concello está traballando en solucionar todos os problemas que nos encontramos na pista de skate, na pista multideporte. Parécenos unha irresponsabilidade o que se fixo por parte do anterior goberno que estaba mais preocupado en apurar a fin de obra e non fixo o seguimento que se debería de ter feito para non atoparnos agora co estado no que está a pista”.
O edil ribadense subliñou que “nosoutros agora de forma xurídica-administrativa estamos tratando de solucionar todos eses problemas, xa temos un estudio lumínico e un informe de profesionais do mundo do skate que nos remitiron un escrito coas deficiencias na construción que impiden o normal desenvolvemento dese deporte que forma parte importante desa pista”.
Silvent dixo que “agora non podemos querer arranxar todo ás presas, xa que iría en contra do peto de todos os ribadenses. Seguiremos todas as canles legais para arranxar todo da mellor maneira posible. O meu compañeiro Diego Dos Santos si que está a facer un gran traballo como concelleiro de Obras revisando día a día todas as obras que se están desenvolvendo no noso concello para non ter estes problemas no futuro”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


