Hoxe non vou á xuntanza semanal pola paz. Veuseme á cabeza outra xuntanza, para quen foi a ela máis abondo máis urxente e necesaria, a que deu lugar a que unha centena de famentos gazatíes fora cazada mentres tentaba apañar algo de comida nun reparto.
Xente cazada, pois entendo que é unha técnica de caza: atrapar -neste caso, abater- ó animal mentres tenta alimentarse ou beber. Mesmo procurándolle o alimento como trampa, a modo de anaco que se crava no anzó. Nesta ocasión, tendo controlada a rede de distribución de alimentos dende o exterior.
Netanyahu está a logralo: deshumanizar non só ó ‘inimigo’ (iso xa é ‘típico’ en toda guerra), senón tamén á súa propia xente, como un punto de apoio máis para manterse nun poder do que querían chimpalo xa antes de que comezara esta fase da guerra coa toma de reféns polos palestinos. Un paso adiante detrás do seu propio ‘eu’, do que lle importa. Non é o único caso na historia. Se se fala de ‘historia’, parece que falamos dun pasado lonxano, e tampouco fai falta. Mira outras guerras actuais, mesmo a que ameaza hoxe cunha confrontación nuclear en Europa. É a guerra, as guerras, que unha vez comezadas tenden a ir a máis…
Pero non nos enganemos facéndonos cruces das atrocidades, ou de como poden comezar. Todas as guerras teñen apoios. Xente dalgún xeito interesada en comezala. E logo, en mantela. Polos motivos que sexan. Ou se non, que sería da guerra de Netanyahu sen os Estados Unidos de América e mesmo da Unión Europea, que lle reclaman de xeito tímido altos ó fogo fronte ós asasinatos, mentres seguen a comerciar mesmo coas armas usadas neles?
E non, non nos enganemos tampouco por outro lado: a guerra aféctanos. Non só vía a colaboración do estado na fabricación de armas, ou doutros xeitos materiais, mais tamén nós somos destinatarios desa deshumanización, dese facer pasar as novas máis rápido porque aburren, porque xa son coñecidas, porque si, porque só son unhas cantas vidas menos.
‘Eles dispararon antes’! E véñenseme á cabeza feitos como o incidente fronteirizo fabricado polos nazis que foi o último fito antes da segunda guerra mundial, ou a alimentación de hai anos de Hamás polo goberno israelí para tentar debilitar Al Fatah, o movemento máis poderoso daquela en Palestina, ou como se nos fundamentos de Israel non houber agresións abondas. É algo que todo o mundo sabe, aínda que pareza moitas veces non importar: violencia xera violencia. E, mentres ‘a primeira violencia’ dun ciclo chega a esquecerse nunha desorde pasional que soe superala de longo, a paz hai que construíla, sempre é inestable.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



