Barreiros, 5 de marzo de 2024. Onte, 4 de marzo, o Concello de Barreiros levou a cabo unha significativa xornada de formación en primeiros auxilios nas idades pediátricas destinada ao persoal da Escola Infantil Municipal e do comedor do CEIP San Cosme.
A alcaldesa Ana Ermida e a concelleira de Educación e Igualdade, Montse Porteiro, destacaron a importancia desta iniciativa para garantir a seguridade e o benestar valorando moi positivamente esta aprendizaxe.
Ana Ermida expresou que “a formación en primeiros auxilios é fundamental, especialmente cando se trata do persoal que traballa con nenas e nenos. Estamos comprometidos en proporcionar as ferramentas necesarias para actuar de maneira efectiva en situacións de emerxencia, asegurando así unha contorna segura e protectora para as crianzas”.
A xornada formativa, que tivo lugar na Escola Infantil Municipal, contou coa participación activa do persoal da escola infantil e do comedor do CEIP San Cosme.
Montse Porteiro, concelleira de Educación e Igualdade, engadiu que “É esencial brindar ao noso persoal as habilidades e coñecementos necesarios para abordar calquera situación de emerxencia que poida xurdir na contorna educativa. Este curso é un paso importante cara á construción dunha contorna máis segura e protectora para as nosas nenas e nenos”.
A formación foi impartida por Matronas e Nais que contan con profesionais especializados en maternidade e coidado infantil. Durante a xornada abordáronse temas cruciais como o manexo de situacións de atragoamento, a resposta a episodios graves como apneas e outras continxencias que poden xurdir no coidado diario das nenas e dos nenos.
Desde o Concello de Barreiros queren lembrar tamén que, no marco do Día Internacional da Muller, 8 de marzo, está programada a lectura do manifesto institucional na Praza do Concello ás 13 horas e convidan a toda a veciñanza a que participe no acto.


























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



