Foz, 5 de marzo de 2024. O Concello de Foz anuncia que a auga da traída en Cordido volve ser apta para todos os usos, incluídos beber e cociñar.
O Concello de Foz está a subministrar auga a Cordido procedente da potabilizadora (ETAP) de Fazouro desde este martes, día 5 de marzo, despois das obras de emerxencia que comezaron o sábado 24 de febreiro.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “Cordido conta cunha captación propia no río das Fontes, de Moucide. Os derrubios neste río e unha potabilización moi básica provocaron unha perda de calidade da auga, polo que o Concello veuse na obriga de non recomendar o seu uso para beber e cociñar. O sábado 24 de febreiro comezamos unhas obras de emerxencia para conectar a rede de Cordido coa xeral do Concello, que se nutre do caudal do río Ouro. Onte, luns, fixéronse as probas de funcionamento do equipo de presión instalado no barrio de Ferradás, en Cordido, que permite que a auga da traída chegue ás vivendas máis elevadas da parroquia”.
A obra de emerxencia consistiu na disposición de 320 metros lineais dunha nova tubaxe de polietileno de 63 milímetros de diámetro enterrada, que une a zona de As Lagas en Cangas con Ferradás, en Cordido. Ademais, instalouse un novo sistema de impulsión con bombas, calderín e depósito, que permite dispoñer da presión suficiente para chegar ás vivendas máis elevadas da parroquia.
“Co subministro de auga a Cordido desde a potabilizadora de Fazouro podemos garantir que as veciñas e veciños desta parroquia poden usar con tranquilidade a auga para beber e cociñar. Esta conexión das dúas traídas vainos dar maiores opcións na xestión da rede. De calquera xeito estamos traballando para que a auga captada no río Fontes, de Moucide, tamén conte con todas as garantías para o seu consumo”, remata o alcalde.



















A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.



