Ribadeo, 12 de marzo de 2024. Acisa firmou un novo convenio de transportes coa empresa CTT Express con condicións vantaxosas para as súas asociadas e asociados.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, contou que “firmamos un novo convenio coa empresa de transportes CTT Express, co fin de mellorar as condicións de transporte de mercadorías, para os nosos asociados e asociadas”.
Segundo explicou o xerente da asociación, Jesús Pérez: “este servizo é moi utilizado e cremos conveniente melloralo sempre que poidamos cunhas novas tarifas vantaxosas e con novidades no servizo de recollida e entrega. O convenio inclúe diferentes formas de envío como provincial, rexional, peninsular, insular e internacional, así como diferentes horarios, urxente con entrega antes das 10 da maña, entrega ás 14 horas e entrega entre 24 e 48 horas. Este convenio a demais inclúe tarifas segundo o número de envíos ao mes que realice cada empresa, desta maneira a oferta aínda se pode personalizar moito mais, adaptándoa a cada asociado e axustando mais os custes, o que implicará un maior aforros. A oferta que temos de CTT Express é moi boa e ademais das tarifas ofertadas ofrécennos un desconto a maiores do 3%”.
Cruzado Iglesias dixo que “dende Acisa traballamos co fin de proporcionar os mellores servizos ás nosas asociadas e asociados. O transporte de paquetería é moi necesario e utilizado polo comercio. Cremos que lles será de moita utilidade. Isto sen dubida é un motivo mais para formar parte de Acisa, poder desfrutar de acordos vantaxosos coma este e outros que xa temos en marcha desde hai anos e dos que os negocios interesados poden obter información na nosa oficina ou a través da nosa páxina web”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



