A axuda permitirá “quitar barreiras arquitectónicas, mellorar a accesibilidade, naturalizar a zona e permeabilizar a fronteira norte do parque para crear así un acceso máis fácil”, explica Míriam Bermúdez
Viveiro, 14 de marzo de 2024. As áreas de Obras e Medioambiente do Concello de Viveiro conseguiron unha subvención de 105.897,25 euros para varias actuacións previstas no Parque Pernas Peón.
Estas obras teñen como obxectivo “quitar barreiras arquitectónicas, mellorar a accesibilidade, naturalizar a zona e permeabilizar a fronteira norte do Parque para crear así un acceso máis fácil desde e cara á praia de Covas”, explica a tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez.
Para lograr estes obxectivos procederase á tala de cipreses e árbores enfermas xunto coa eliminación de tocos, á retirada de parte do muro que delimita a zona norte do parque e á mellora do acceso situado fronte ao acceso á praia de Covas.
“Os cipreses crean un efecto valado do parque, pechándoo e separándoo do espazo natural da praia de Covas, polo que a súa eliminación creará unha apertura visual desde o Parque cara á praia e viceversa, e favorecerá a creación dun conxunto natural”, afirma Bermúdez.
Tamén se creará así mesmo un paso de peóns elevado, pavimentaranse os accesos ao restaurante e aseos públicos, crearase unha beirarrúa de 3 metros de ancho e plantaranse novas árbores, arbustos e vivaces para aumentar a diversidade da zona.
Míriam Bermúdez subliña que esta nova beirarrúa da que gozará o parque destacará pola súa maior accesibilidade, de cara a permitir que todas as persoas poidan desfrutar do parque sen limitacións de ningún tipo”.
“Imos ordenar a liña do litoral e embelecer o lugar baixo criterios paisaxísticos e ecolóxicos, para crear unha conexión coa praia máis natural”, sinala a primeira tenenta de alcaldía de Viveiro.
“Nun futuro está previsto elevar a actual calzada ao nivel do parque e facer así un acceso desde e cara á praia sen barreiras arquitectónicas, baixo o formato coñecido como plataforma única”, engade.
A concelleira de Obras e Medioambiente quere agradecer ao persoal do concello “a súa labor para seguir facendo do noso concello un lugar mellor e máis agradable para vivir”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



