Os populares denuncian unha diferenciación dun 12% máis no salario por unidade de xornada laboral que van percibir os concelleiros que as concelleiras e pregúntanse que labores dos concelleiros do goberno quere premiar a alcaldesa co reparto do seu salario; porque no caso da concellería de Economía e Facenda “nin presentou orzamentos nin remitiu a documentación requirida polo Consello de Contas”
Burela, 14 de marzo de 2024. Os concelleiros do PP de Burela advirten do “desastre na xestión económica do Concello por parte do bipartito”; xa que “están a recorrer de forma habitual a un procedemento que a lei recolle con carácter extraordinario e que, polo tanto, podería constituír un presunto caso da súa vulneración”.
O equipo de goberno integrado por PSOE e BNG deulle adiante no pleno extraordinario deste xoves a un expediente cheo de irregularidades e anomalías co que se aproba un recoñecemento extraxudicial de crédito de 340.000 euros onde se inclúen factura do verán do 2023; obviando as advertencias da viceportavoz do Partido Popular, Encarnación Bernal.
“O goberno de Burela está a empregar esta fórmula que debería ser extraordinaria para poder traballar, debido á súa incapacidade para elaborar uns orzamentos municipais. Actualmente o Concello funciona cuns orzamentos prorrogados do ano 2022 e o equipo de goberno municipal non ten traza de presentar proximamente ningún proxecto de orzamento novo”.
O equipo de goberno de Burela tamén aprobou hoxe o reparto do salario da alcaldesa, que pasa a cobrar dedicación exclusiva da Deputación de Lugo, entre concelleiros do seu goberno. Á vista de que o argumento empregado pola rexedora socialista para defender esta decisión foi premiar a súa labor, os populares pregúntanse se estas labores ás que fai referencia son por exemplo que a concellería de Economía e Facenda non teña aprobado un presuposto no que vai de mandato ou que non teña remitido aínda ao Consello de Contas de Galicia a documentación requirida ao Concello por unhas anomalías detectadas nos anos 2019 e 2020.
Dende o PP local tamén condenan “a diferenciación no salario que percibirán as concelleiras con respecto aos seus homólogos homes. Especialmente cando a alcaldesa fai pouco abandeiraba a loita pola igualdade entre homes e mulleres, pero agora premia cun 12% máis de salario por unidade de xornada laboral aos seus concelleiros que ás súas concelleiras. Parece que para o goberno local o labor das súas concelleiras é menos importante ou debe ter menor retribución que a dos concelleiros homes”.
PLAN ANTIFRAUDE
O Grupo Municipal Popular xa advertira en plenos anteriores que o Concello estaba incumprindo a lei en materia antifraude porque “debería terse aprobado un plan antifraude no Concello fai un ano”. A alcaldesa trouxo a este pleno extraordinario “un borrador que é un brinde ao sol, unha mera declaración de intencións, porque non recolle os protocolos axeitados e ben definidos para que calquera funcionario, funcionaria ou persoal do Concello poida, con total seguridade e garantía legal, denunciar calquera tipo de irregularidade contable”.
É que o documento “só considera fraude as irregularidades á hora de usar os fondos da Unión Europea, pero se os fondos teñen outra procedencia non o consideran fraude”, advirten.
E, ademais, sinalan que “a propia auditoría ou autoavaluación que fixo a comisión antifraude creada pola alcaldesa, outorga ao Concello 18 puntos de 64 posibles. É dicir, o Concello de Burela non superou a súa propia autoavaliación”.
FORMAS REPROBABLES
Dende o PP local condenan as malas formas dos grupos políticos que conforman o goberno local co portavoz popular porque “demostran a falta de respecto polo labor dos cargos electos polos veciños e veciñas”. De feito, “no último pleno o grupo socialista interrompeuno en varias ocasións para evitar que falara do que considerase oportuno durante a súa quenda de intervención. E o señor Pillado directamente xa o insultou”.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



