Os populares critican que “na última anualidade a asociación de empresarios recibira 2.000 euros menos de axuda do Concello” e lembran ao goberno local que “quedan deberes pendentes” como “a sinatura dun convenio de colaboración” e a ampliación do solo industrial
Vilalba, 20 de marzo de 2024. O Grupo Municipal Popular de Vilalba subliña a importancia de que o Concello colabore e estea en constante contacto cos distintos colectivos. Trala reunión do goberno local e dos representantes dos distintos partidos co tecido empresarial, os populares agradecen “o cambio de actitude do goberno local que levaba cinco anos negándose a reunirse coa asociación de empresarios Sete Pontes” e agardan que “polo ben do polígono industrial e do tecido empresarial, leven a cabo as melloras e xestións anunciadas”.
Os populares, xa teñen manifestado que apoiarán calquera iniciativa que supoña unha mellora para o desenvolvemento empresarial, reivindican que “levamos tempo pedindo a limpeza e acondicionamento do polígono industrial, a mellora da sinalización horizontal e vertical e da iluminación; ademais da adhesión de Vilalba ao programa Doing Business”.
Sobre esta última cuestión, xa deixara iniciadas as xestións o goberno do Partido Popular para converter a Vilalba en Concello Emprendedor que contempla distintos incentivos para a implantación de empresas e confire maior puntuación á hora de obter subvencións doutras administracións”. Foi tamén o Partido Popular o que levou o asunto a pleno en varias ocasións máis sendo aprobado por unanimidade.
Así, “o desinterese do goberno local levou á perda de subvencións para mellorar o noso pulmón económico durante os últimos cinco anos porque Vilalba non é Concello Emprendedor”, sinalan.
DEBERES PENDENTES
Os concelleiros do PP lamentan que “na última anualidade o goberno local reduciu 2.000 euros a subvención dirixida á asociación de empresarios” e agardan que “na medida do posible se incremente o apoio ao colectivo que sempre traballou polo tecido empresarial, comercial e hostaleiro de Vilalba”.
Nesa liña, subliñan que “quedan moitas cousas por facer”. Como, por exemplo, a sinatura dun convenio de colaboración coa asociación para o desenvolvemento de distintas campañas e iniciativas de dinamización do tecido empresarial.
E tamén avanzar nos trámites para a ampliación do solo industrial que permita o desenvolvemento do municipio, a creación de empresas e empregos para favorecer o asentamento da poboación.
























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


