Ademais, a Oficina de Turismo estará aberta todos os festivos de Semana Santa agás o domingo, en horario de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:00, para atender a toda a xente que veña de visita
Burela, 20 de marzo de 2024. A Concellería de Turismo do Concello de Burela ten organizado diversas actividades para complementar a programación central da Semana Santa no municipio. Realizaranse dúas XeoRutas e varias visitas ao barco-museo “Reina del Carmen”.
“Por unha banda, para seguir promovendo as XeoRutas, que tanto éxito tiveron anteriormente, vaise facer unha nova XeoRuta o xoves 28 de marzo pola zona do Perdouro, de 10:30 a 13:30, e outra pola zona da Marosa o sábado 30 de 16:30 a 19:30”, explica o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey.
O roteiro do Perdouro percorrerá 3,2km “polo conxunto de pregues mellor conservado de Galicia, camiñando baixo arcos rochosos”. O da Marosa será de 7,8km con dificultade baixa, e permitirá descubrir a orixe dos granitos e das “formas tan caprichosas que se atopan nesta parte da costa de Burela”.
Para participar nas rutas é necesario apuntarse previamente na Oficina de Turismo ou a través do blog de Rutas Xeolóxicas de Galicia, co enderezo rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es
O barco-museo vai estar aberto o xoves, o venres e o sábado de Semana Santa. Haberá visitas ás 11:00, ás 12:00 e á 13:00 polas mañás, e, pola tarde, ás 17:00 e ás 18:00.
Ademais, a Oficina de Turismo vai estar aberta tamén todos os festivos de Semana Santa agás o domingo. O horario será de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:00, co obxectivo de atender a toda a xente que veña de visita, xa que “as expectativas son moi boas”, sinala Fernández Rey.
“Estamos traballando así mesmo no acondicionamento tanto de praias como de paseos, con actuacións de limpeza e mantemento destas zonas para dar a mellor imaxe de Burela posible ás persoas que visitarán o municipio”, explica o concelleiro.
“En definitiva, queremos ter a vila o mellor posible para que a xente que nos visita agora volva visitarnos tamén no verán, ofrecendo o mellor entorno posible para as actividades centrais da Semana Santa como as procesións”, engade.
“Queremos aproveitar a ocasión para promocionar os valores do noso municipio, especialmente relacionados co mundo do mar e a natureza, como é o caso do barco-museo e as xeorrutas”, sinala tamén Fernández Rey. “Agardamos que se repita o éxito de visitas en Semana Santa que tivemos o ano pasado, e que a situación meteorolóxica acompañe”, conclúe.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



