A Deputada de Muller e Igualdade puxo en valor na presentación da oitava edición desta marcha cicloturista o seu papel fundamental “para atraer turismo” e contribuír “a realzar a Feira do Queixo de San Simón”
Lugo, 21 de marzo de 2024. A Deputación de Lugo colabora un ano máis coa Ruta BTT Terra Chá Queixo San Simón da Costa, que se celebrará o vindeiro sábado 6 de abril polos concellos de Vilalba, Muras e Xermade. A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este xoves na presentación da oitava edición desta cita, á que a institución provincial achega 3.000€ para o seu desenvolvemento. O acto, que tivo lugar na Casa de Cultura de Vilalba, contou tamén coa presenza da Alcaldesa da capital chairega, Marta Rouco;o Alcalde de Muras, Manuel Requeixo; a concelleira de Benestar social, Igualdade e Participación Cidadá, Nélida Coira Pena, e o organizador da proba e presidente do Club Ciclista Terra Chá, José Carreira.
Morandeira puxo en valor a proba polo seu papel fundamental como un motor “para atraer turismo á nosa provincia”, contribuíndo durante esa fin de semana “a realzar a importancia dunha cita gastronómica tan relevante como é a celebración da Feira do Queixo de San Simón”. Sinalou que a combinación de deporte e gastronomía do evento, “non só enriquece a nosa oferta turística, senón que ademais pon en valor os nosos produtos locais, o que fortalece a nosa cultura e tradicións”.
A Ruta BTT Queixo San Simón da Costa é xa unha proba cicloturista consolidada no calendario deportivo da provincia, e como novidade este ano contará con tres percorridos practicamente renovados. Unhas melloras polas que a Deputada deu os parabéns ao Club Ciclista Terra Chá, quen expresou a súa convicción de que “contribuirán ao éxito e á relevancia desta ruta entre os afeccionados ao ciclismo no ámbito deportivo galego”.
Así mesmo, destacou que ademais do compoñente deportivo, “este encontro brinda aos participantes e ás familias que os acompañan a oportunidade de coñecer e de explorar o noso rico patrimonio natural e cultural”. Polo tanto, é unha maneira moi interesante de atraer visitantes, “non só a Vilalba e a toda a comarca, senón tamén a toda a provincia”.
Precisamente, apuntou Morandeira que “este é o modelo de turismo polo que levamos traballando dende hai anos na Deputación: un modelo de turismo sostible, de calidade, de experiencias, que coida o patrimonio e que deixa valor no territorio”.
Tres percorridos e 300 prazas dispoñibles
A ruta dará comezo ás 11:00 horas con saída dende a Praza da Constitución de Vilalba. Poden participar todos os ciclistas maiores de 15 anos que teñan unha licencia federativa en vigor, cun máximo de 300 participantes. As inscricións de menores de 18 anos deberán ir acompañadas da autorización por escrito do pai, nai, ou titor legal do participante. Os interesados poden realizar as inscricións ata dous días antes da celebración do evento a través da páxina web de ccnorte.com
Como outros anos, a ruta máis longa percorre ao longo de 60 quilómetros polos concellos de Vilalba, Xermade e Muras, con 1.750 metros de desnivel positivo. Con respecto á ruta de media distancia, conta con 50 quilómetros e 1.100 metros de desnivel positivo e, por último, a proba máis corta é de 37 quilómetros e 700 metros de desnivel positivo.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



