Mondoñedo-Ferrol, venres 22 de marzo de 2024
O pasado sábado tivo lugar no teatro Jofre de Ferrol o pregón da Semana Santa. Na miña breve intervención ante o auditorio convidaba aos presentes a responder a unha pregunta que hoxe vos formulo en forma de reflexión: a Semana Santa, é un espectáculo ou é máis ben un acontecemento?
No proceso de secularización que nos envolve, moitos se achegan aos actos de Semana Santa coa única mirada do espectador que está desexoso de sensacións e de experiencias novas. É a actitude do que asiste a un espectáculo novo, que o compara con outros nos que participou ou co xa experimentado nos mesmos lugares en anos anteriores. A verdade é que, durante estes días, as nosas cidades, especialmente Ferrol, Viveiro e Mondoñedo, pero tamén noutros moitos lugares, énchense de procesións que están repletas de sensacións capaces de espertar e alegrar os nosos sentidos. Así o fai a vista, cando contempla as fermosas imaxes que desfilan ou os tronos que son escoltados por confrades dispostos harmoniosamente. Tamén o olfacto ábrese aos cheiros que esparcen xenerosamente os incensarios ou as flores que decoran as imaxes. Non menos goza o oído ao acoller con gusto os sons das bandas e as súas fermosas e coidadas melodías, os sons das carracas, as campás e outros elementos…
Certamente estes días están repletos de tradicións que constitúen un fermoso espectáculo que enche de vida e cor as nosas rúas. Estamos orgullosos de que a nosa fe se fixera cultura, mimetizándose coa alma dun pobo, expresándose en formas que superan a razón para abrirse á linguaxe non fácil dos sentimentos e as emocións.
Pero, sen dúbida, a Semana Santa é moito máis que un espectáculo. O que só descubra formas e beleza, tradicións e ritos, perdeuse a esencia que se quere comunicar. A Semana Santa é, ante todo, un acontecemento. O acontecemento fundante da fe cristiá, a razón que dá sentido ao camiñar dos cristiáns.
Cando falo de acontecemento quero expresar a experiencia que vive aquel que queda transformado por un suceso que acontece e sorprende de tal maneira que xa nada volve ser o mesmo. Iso é o que significa a morte e resurrección de Xesús que durante estes días dispoñémonos a actualizar. Trátase dun auténtico manancial onde bebe constantemente a experiencia cristiá. É o tesouro da Igrexa, o que a fai existir e o que a empuxa á evanxelización. Toda a Igrexa e todo na Igrexa irradia este acontecemento: o amor dun Deus que se entrega, que se dá e que vive connosco eternamente.
A Semana Santa é, por tanto, participar, admirar, acoller, agradecer, encomiar, comprometerse ante o acontecemento que cambia a vida das persoas que se deixan sorprender por el. É o
acontecemento que actualiza, neste hoxe e aquí da historia, o amor entregado de Deus pola humanidade e por cada un de nós. Un acontecemento que non nos pode deixar indiferentes senón que se ofrece como boa noticia para este mundo tan necesitado de amor sen medida. Así acontece na liturxia das igrexas durante estes días e prolóngase nas rúas como eco e provocación para quen queira escoitalo.
A Semana Santa é un acontecemento: a paixón, morte e resurrección de Xesús que procrea vida e esperanza para a salvación do mundo. Grazas, queridos confrades, por ser instrumentos preciosos para comunicar e expandir esta boa noticia que oxalá vos transforme tamén a vós. Que así a vivamos e así a compartamos.
O voso irmán e amigo.
Fernando García Cadiñanos
Bispo de Mondoñedo-Ferrol
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



