O Presidente asinou co Alcalde xermadés un convenio de colaboración a través do cal a institución provincial achega 25.000€ á entidade local para acometer a reformulación do proxecto técnico co fin de poder concorrer a axudas públicas para materializalo
Lugo, 22 de marzo de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, asinaron no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración co obxectivo de converter a Casa da Veciñanza de Roupar nun centro de prestación de servizos para as persoas maiores. A institución provincial achega á entidade local 25.000€ para financiar os gastos derivados dos traballos necesarios para a reformulación do proxecto técnico co fin de poder concorrer a axudas públicas para materializalo.
A Deputación xa asinou con anterioridade un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña para a realización desta proposta que se artellou en torno ás edificacións da Casa Reitoral e da Casa Habanera de Roupar e que contou coa estreita colaboración da Asociación de Veciños deste núcleo e do Concello. Unha iniciativa de carácter experimental co propósito de crear un Centro de Día e un modelo de vivendas comunitarias con servizos asistenciais, actividade sociocultural e recursos que é replicable a outros lugares da provincia e de Galicia.
José Tomé sinalou que este traballo froito da colaboración conxunta entre o movemento asociativo, a Universidade pública e as institucións, e que recibe a denonimación de Casa da Veciñanza, “busca o envellecemento activo e favorecer que as persoas maiores se poidan quedar a vivir na súa localidade ou zona de residencia contando cos recursos axeitados para poder facelo, o que axuda a fixar poboación”.
Así mesmo, explicou que as políticas sociais son unha prioridade para a institución provincial, que dedica a este eido máis dun terzo do total dos Orzamentos, “contamos cun amplo sistema de protección social do que forman parte unha rede propia de centros públicos de atención a persoas maiores; a colaboración económica cos concellos da provincia para que poidan prestar o Servizo de Axuda no Fogar e o servizo de teleasistencia domiciliaria as 24 horas do día totalmente gratuíto para os usuarios e usuarias”.
Pola súa banda, o Alcalde de Xermade agradeceu o apoio económico da Deputación para un proxecto, dixo, “que será de vital importancia porque responde ás necesidades reais dos nosos maiores, nun concello rural como é Xermade cun alto índice de poboación de envellecemento, pois conta con 600 habitantes censados maiores de 65 anos”.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



