Os populares cren que é “unha mala noticia para os usuarios desta instalación deportiva, pero tamén para toda Burela porque denota a total incapacidade deste goberno por sacar adiante proxectos importantes para o noso Concello”
Burela, 23 de marzo de 2024. “A mala praxe á hora de xestionar o Concello leva ao goberno bipartito PSOE-BNG en Burela a renunciar a unha axuda de máis de 40.000 euros que xa lle tiña concedido a Xunta para a renovación do peche perimetral do campo de fútbol A Marosa”, afirman os populares. “Todo parece indicar que esta mellora queda pendente porque o proxecto está paralizado”, lamentan.
Esta é “unha mala noticia para os usuarios desta instalación deportiva, pero tamén para toda Burela porque denota a total incapacidade deste goberno por sacar adiante proxectos importantes para o noso Concello”, subliñan. Neste caso, os concelleiros populares cren que “o bipartito non presentou unha oferta atractiva e polo tanto non houbo empresas que se presentaran ao concurso para executar este proxecto”.
Dende o Grupo Municipal Popular inciden en que “lamentablemente este é o modo habitual de proceder dende o comezo do mandato da señora López Moreno: unha continua falta de previsión á hora de sacar os concursos públicos ou, incluso, nin sequera chegar a sacalos para executar os proxectos que prometeran en campaña electoral. E agora todos os veciños de Burela temos que seguir agardando polas actuacións que demandan os bureleses e que xa foran prometidas”.
O PP de Burela recoméndalle á alcaldesa e ao seu goberno “menos posados e escusas e máis traballo para poder sacar adiante proxectos necesarios para a nosa vila”.
AXUDA CONCEDIDA POLA XUNTA DE GALICIA
O Concello de Burela rexeita unha subvención de 40.165,30 euros que a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, lle tiña concedido para esta actuación ao abeiro da convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixida a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, para os anos 2023 e 2024.
“Mentres que a Xunta amosa vontade de colaboración co Concello e ofrece axudas para acometer melloras no noso municipio, a xestión do bipartito supón atrancos para o desenvolvemento de Burela e reléganos á cola da Mariña”, conclúen os populares.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



