
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reúnese cos representantes dos colectivos artísticos do programa de música e baile tradicionais Danza 3.
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e o colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, promoven por 12º ano consecutivo o programa Danza 3 para a difusión da música e do baile tradicionais de Galicia. Esta nova edición, que arranca o domingo 14 en Vedra, percorrerá 18 concellos galegos ata o mes de setembro con outras tantas actuacións que, na meirande parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes.
Con motivo da renovación deste circuíto, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu a Patricia Miño e Santiago Pardo, presidenta e secretario da asociación Xacarandaina; Raquel Barredo, en representación de O Fiadeiro, e María Montero e Antía Antelo, de Cantigas e Agarimos. A través desta colaboración, a Xunta recoñece, así mesmo, o labor cotiá deste colectivo a prol da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.
Calendario de actuacións
Os integrantes de O Fiadeiro serán os encargados de abrir o calendario de actuacións este domingo ás 15,00 h. cunha actuación de danza tradicional no Campo da Festa de Vedra, coa que tamén recalarán o domingo 28 en Melide. Tras as funcións de abril, a agrupación de Vigo levará os seus espectáculos de baile tradicional a Vilanova de Arousa (4 de agosto) e Verín (data por anunciar), ademais de ofrecer dúas actuacións musicais o 17 de maio en Ribadavia e o 11 de agosto en Agolada.
Cantigas e Agarimos iniciará a súa participación neste 12º Danza 3 co espectáculo musical que ofrecerá o 16 de maio en Cangas e ao día seguinte en Oroso. Neste percorrido, visitará co seu grupo de baile Boqueixón o 19 de maio, Marín o 14 de xullo e xa en setembro, O Valadouro (día 1) e O Carballiño (día 16).
Pola súa banda, Xacarandaina ten previstas catro actuacións de baile que arrancarán o domingo 28 deste mes en Ortigueira e continuarán en maio en Abegondo (día 11) e en agosto en Ribadeo (día 14) e Meira (día 25). Coa súa formación musical, paseará as rúas de Betanzos o 31 de maio e de Dumbría o 26 de xullo.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



