Nota de Prensa
O Observatorio da Mariña pola Igualdade reanuda en Ribadeo o ciclo de charlas-café FALEMOS DE… invitando a reflexionar sobre o complexo fenómeno da prostitución
O Café-Bar O Cantón acollerá o acto este venres 15 ás 20.30 horas, no que as recoñecidas expertas Marta Casal e Silvia Pérez ofrecerán as súas visións sobre o tema “A PROSTITUCIÓN A DEBATE”
O debate sobre a prostitución é o tema elixido polo Observatorio da Mariña pola Igualdade para continuar cunha nova edición do ciclo de charlas-café FALEMOS DE… A charla terá lugar o venres 15, a partir das 20.30 horas, no Café-Bar O Cantón de Ribadeo (Praza de España). Dada a complexidade do fenómeno e a coexistencia de diferentes posturas enfrontadas, partidarias ou ben da regularización da prostitución (por considerala un traballo máis) ou ben da súa abolición (por considerala unha forma extrema de violencia contra as mulleres), o obxectivo da sesión é propiciar un debate fondo e crítico sobre o tema, examinando a situación das mulleres en prostitución, o papel dos homes que consumen sexo de pago, o proxenitismo, as redes de trata e explotación sexual, así como as particularidades de cada tipoloxía de prostitución (na rúa, en clubs ou en pisos).
Para iso contaremos coa presenza de dúas reputadas sociólogas, Marta Casal e Silvia Pérez, cunha ampla bagaxe teórica e traballo de campo no ámbito da prostitución desde unha perspectiva de xénero. Marta Casal ten abordado o tema da prostitución no marco da súa tese doutoral sobre as migracións femininas e a industria sexual, para que o viaxou por toda España e entrou en contacto con todas as organizacións que traballan con mulleres que están na prostitución. E tamén ten participado en proxectos europeos como a Red TAMPEP, desenvolto en Holanda en 2002; e desde entón, en numerosísimos proxectos de atención a nenas, adolescentes e mulleres en prostitución en Paraguai, desde onde combinou o traballo con consultorias para la OIT. En España, foi activista do colectivo en defensa dos dereitos das prostitutas Hetaira (Madrid). A socióloga e profesora da Universidade de Vigo Silvia Pérez, pola súa banda, é coautora do libro Prostitución: clientes e outros homes (Xerais, 2009), no que se achega outro enfoque a análise da industria sexual en Galiza axustándose ás experiencias dos homes e mulleres implicadas no fenómeno da prostitución, que definen como síntoma da cultura sexual dominante nas culturas patriarcais e capitalistas. Entre 2003 e 2008, Pérez dirixiu o Centro de Día e Unidade Móbil en Prostitución da Asociación Alecrín en Vigo e derivado deste traballo ten participado en numerosos congresos e proxectos de intervención social sobre Prostitución, como o Informe Prostitución Lugo (2006)
O ciclo de charlas
O ciclo de charlas FALEMOS DE… é unha actividade a través da que periodicamente se debaten en diferentes vilas da comarca sobre temas relevantes para avanzar na igualdade de xénero, polo que están abertas e dirixidas a toda a cidadanía (mulleres e homes). A actividade resulta innovadora de seu na nosa comarca, pero ademais presenta o aliciente de ter un formato ameno e participativo. Así, lonxe do formato de conferencia convencional, o ciclo de charlas-café FALEMOS DE… busca a interacción das relatoras cos homes e mulleres do público nun ambiente agradábel e acolledor, onde ao mesmo tempo que se escoitan as intervencións se poida tamén tomar unha consumición.
Deste xeito, o Observatorio quere afondar no seu obxectivo de dar a coñecer as problemáticas que afectan de forma específica ás mulleres da comarca, enfocando a realidade da nosa contorna desde unha perspectiva de xénero que teña en conta as particularidades coas que mulleres e homes vivimos cada situación social.
Esta VII edición do ciclo de charlas-café, é continuación da excelente acollida que tiveron as anteriores sesións, nas que se abordaron os temas da “Repercusión da crise económica nas mulleres” en Ribadeo, “O aborto a debate”, “Mulleres e deporte” e “Mulleres e saúde: a endometriose” en Burela, “A segregación por sexo nas aulas” en Foz e “Xénero e idioma” en San Cibrao.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



