O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres na Xornada Promoción do Emprego para Repoboar o Rural, onde evidenciou o compromiso da institución provincial con impulsar políticas que contribúan a loitar contra o reto demográfico na provincia de Lugo
Lugo, 26 de abril de 2024. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres na Xornada Promoción do Emprego para Repoboar o Rural que organizou o GDR Montes e Vales Orientais na Fonsagrada, e que se desenvolveu ao longo da mañá con mesas de traballo, presentacións e coloquios.
Rivera Capón salientou o compromiso da institución provincial e o esforzo que dedica por impulsar iniciativas que contribúan a fixar poboación no rural e afrontar con eficacia o reto demográfico, tendo como eixo principal a colaboración directa e estreita cos concellos máis pequenos. Exemplificou con programas concretos, como E para vivir…Lugo, financiado con fondos europeos e que involucra aos concellos da provincia en busca de solucións innovadoras que aproveiten os recursos endóxenos das zonas rurais para convertelos en oportunidades, e deste xeito contribuír a fixar e recuperar poboación nestes territorios, con especial atención nos de menos de 5.000 habitantes. Outro exemplo é a acción Impulsa TIC, un proxecto co que que a Deputación lles proporcionará de maneira gratuíta aos concellos servizos e equipamentos para avanzar na transformación dixital da administración e así prestar un servizo mellor e máis cercano.
Fixo fincapé tamén na iniciativa Acelera Pemes, que ten en marcha a Deputación con fondos da Unión Europea concedidos polo Goberno de España, para que as empresas e autónomos aproveiten os recursos que ofrece a dixitalización e as novas tecnoloxías para modernizar e mellorar o seu negocio nos concellos máis pequenos. Pero tamén incidiu na importancia do Plan Deputación como “unha fonte de recursos fundamental para os concellos, sen o que moitos non poderían prestar nin os servizos máis básicos, que son imprescindibles á hora de que unha familia ou unha empresa decida instalarse nun ou noutro lugar. Ten que haber boas comunicacións, bos servizos básicos, conexión a internet e oportunidades laborais”. Co mesmo obxectivo, a Deputación lanzou o Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, que, dixo, “é moi útil porque colaboramos cos colectivos pegados ao territorio en facer das nosas vilas e municipios lugares mellores nos que vivir”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



