Nota de Prensa
A VILLARES PREOCÚPALLE QUE A DEPUTACIÓN ACABE POR CRERSE AS SÚAS PROPIAS MENTIRAS EN TORNO ÁS NEGOCIACIÓNS PARA AMPLIAR O MUSEO DO MAR
* O rexedor recordoulles aos dirixentes do ente provincial que levan á fronte da Deputación tempo dabondo para conseguir avances tanxibles nesta reivindicación “da que non se cansaban en solicitar cando estaban na oposición”
* Dixo que as xestións das administracións públicas demóstranse con feitos “e queda máis que claro que as da Deputación neste tema súas foron nulas”.
* Lembrou que o ente provincial non ten contestado a ningún dos moitos escritos remitidos dende o Concello solicitando información sobre a evolución destas conversas “o que demostra o seu nulo interese en todo este tema”
Cervo, 9 de Outubro de 2010.- O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, dixo estar “tremendamente preocupado” polas recentes declaracións dos responsables provinciais en torno ás negociacións para a ampliación do Museo do Mar. “Paréceme incrible que aínda despois de non ter máis remedio que recoñecer que non teñen feito ningunha oferta aos propietarios da finca lindeira co museo sigan escorrendo o bulto dicindo que toda a culpa é do Partido Popular. Levan máis de tres anos e medio á fronte da Deputación e en todo este tempo se viron as caras coa dona do terreo so dúas veces en xuntanzas que polo que a mesma interesada di, non serviron para nada máis que para marear a perdíz” dixo Villares.
O rexedor recordoulles aos dirixentes do ente provincial que as xestións das administracións públicas demóstranse con feitos “e queda máis que claro que as súas foron nulas”. Non contestaron a ningún dos moitisimos escritos que lles enviamos en torno a este tema porque non tiñan o valor de recoñecer que non fixeran nada en todo este tempo, e cando se lles descobre o pastel aínda teñen a caradura de seguir dicindo que están negociando para garantir a ampliación do museo… ¿Pero a quen pretenden enganar con estas absurdas declaracións? Seguro que aos veciños de Cervo e de San Ciprián non” recalcou o mandatario local.
“O peor de todo isto non é xa que pretendan enganar á xente porque, afortunadamente, non o van conseguir. O realmente preocupante é que eles mesmos se están a crer as súas propias mentiras porque da a sensación de que realmente pensan que están a negociar cos donos do terreo cando é a proia dona da finca a que lles esta a poñer os pes na terra cando afirma publicamente que xa está aburrida de tantas declaracións de intencións e lles pide que lle fagan unha oferta concreta”.





















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



