A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu esta mañá á feira das Quendas 2024, que se celebra cada primeiro de maio na localidade lucense de Mondoñedo
Mondoñedo, 1 de maio de 2024. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu esta mañá á feira das Quendas 2024, que se celebra cada primeiro de maio na localidade lucense de Mondoñedo. Alí, fixo entrega de dous premios do concurso de gando. Neste acto, Gómez trasladou a súa felicitación aos galardoados, nas categorías de maior número de cabezas de gando cabalar e mellor poldro no 2024, e puxo de relevo a importancia que teñen os eventos destas características, que se configuran como escaparates ideais para exaltar os produtos tradicionais, as razas autóctonas e o sector primario galego.
Neste sentido, María José Gómez salientou a “aposta firme e consolidada” coa que conta o Goberno autonómico neste eido. Así, destacou as diferentes estratexias sectoriais postas en marcha pola Xunta, máis concretamente as dedicadas aos sectores lácteo e cárnico, configuradas como “dúas follas de ruta que contribúen a potenciar estes eidos e seguir afondando no desenvolvemento do agro galego”.
De seguido, lembrou as distintas liñas de achegas que se canalizan cara este sector, facendo unha mención especial ás axudas para plans de mellora e incorporación de mozos ao agro. A convocatoria deste ano -cuxo prazo para a presentación de solicitudes finalizou o pasado 22 de abril- contou cun orzamento de 47 millóns de euros, cos que se pretende mellorar a estrutura produtiva das explotacións e avanzar na consecución dunha adecuada dimensión e un correcto equilibrio dos seus factores de produción co fin último, tal e como sinalou a conselleira, de mellorar a competitividade e favorecer a remuda xeracional. Gómez expuxo que a renovación social e a rendibilidade económica son fundamentais para poder garantir a sustentabilidade ambiental nas explotacións. No marco destas achegas, 5.000 mozos e mozas incorporáronse á actividade agrogandeira no período 2009-2024.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



