Ribadeo, 1 de maio de 2024. Presentado o cartel do IX Ribadeo Indiano, que se celebrará do 12 ao 14 de xullo. O evento está organizado polo Concello e por Acisa.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, contou que “presentamos hoxe a imaxe da nova edición do Ribadeo Indiano, evento no que levamos traballando dende hai varios meses coa ilusión de seguir a mellorar e espallar polo mundo adiante o que se ten convertido nunha das referencias fundamentais do verán”.
A edil ribadense dixo que “unha nova edición, este ano dedicada á alma de dous mundos. Con esta temática tentaremos plasmar a realidade que se vivía aos dúas marxes do Atlántico, e dar a coñecer e á vez valorar o legado que a emigración deixou na nosa sociedade: un importante patrimonio arquitectónico, tanto en arquitectura doméstica como pública (escolas, casinos, cinemas, cemiterios, fontes, igrexas etc), e unha influencia nas sociedades da época, na industrialización, o comercio, a moda, os costumes, a gastronomía…”.
Saiz manifestou: “un programa cargado de propostas diferentes para facer que o Ribadeo Indiano reluza con máis esplendor, e que terá os seus días fortes durante a fin de semana do 12 ao 14 de xullo”.
A concelleira de Turismo e Comercio adiantou que “nun afán de remarcar o contido cultural do evento. as antevésperas e vésperas aumentan o seu protagonismo. Desta maneira, contaremos con múltiples e diversas actividades que se repartirán durante o mes de xuño e comezos de xullo: visitas guiadas, obradoiros de repostería indiana para hostalería e familias, monicreques, teatro, etc…. e algunha sorpresas máis que irmos revelando ao longo das vindeiras semanas”.
Saiz engadiu que “xa os días centrais, 12, 13 e 14 de xullo, non faltarán conferencias, exposicións, actuacións musicais, actividades de rúas, xincanas, actividades infantís, talleres de bailes, verbenas tradicionais. Ao igual que o esperado Festival de Habaneras e Música Hispanoamericana que terá lugar o sábado 13 de xullo. Tamén, volveremos a contar cun mercadiño de produtos de ultramar e a concentración de coches clásicos”.
E anunciou que “como novidade, o Ribadeo Indiano será presentado formalmente nas capitais galega e asturiana. O 31 de maio será en Santiago de Compostela e o 7 de xuño en Oviedo”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “estamos a falar da fin de semana máis importante do ano para a hostalería e para o comercio e duns días moi fortes para os aloxamentos, sobre todo de Ribadeo, pero tamén doutros concellos tanto de Galicia como da veciña Asturias. A estas alturas xa podemos adiantar que a ocupación hoteleira está practicamente ao 100% na nosa vila”.
Cruzado Iglesias indicou que “a conta atrás para o Ribadeo Indiano 2024 comeza coa presentación do cartel. O traballo non se detén, continúa, para que do 12 ao 14 de xullo, un ano máis, todas e todos nos impregnemos da cultura indiana e lembremos a aquelas e aqueles ribadenses que se foron de aquí na busca dun futuro mellor para eles e para as súas familias. O seu legado está moi presente en moitos recunchos de todo o concello. E iso é importante telo moi presente, nós como adultos, e que as xeracións mais noviñas tamén sexan conscientes”.
Na presentación do cartel do IX Ribadeo Indiano, que tivo lugar no Concello, participaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Turismo, Cultura, Benestar Social e Seguridade, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Montse Seijo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez.























Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.


