A tenente de alcaldesa socialista trasladou á presidenta provincial, Carmela López, a necesidade de intervir nestes accesos para reforzar a seguridade e a mobilidade no rural
Barreiros, 16 de xuño de 2026. A tenente de alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais de Barreiros, Carmen Veiga, destacou o inicio dos traballos de acondicionamento que está a desenvolver no municipio a Brigada de Obras da Deputación de Lugo, nunha intervención que terá unha duración estimada de tres semanas.
As tarefas comezaron na estrada de San Xusto e está previsto que continúen de forma progresiva por diferentes vías municipais situadas na zona do monte de Barreiros. O obxectivo é actuar sobre o estado de conservación destes accesos, reforzar a seguridade e facilitar tanto a mobilidade da veciñanza como a comunicación con zonas rurais e forestais.
Esta campaña realízase a petición da responsable socialista, Carmen Veiga, que trasladou á presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, a necesidade de intervir nestes puntos polo seu uso habitual e pola súa importancia para a vida diaria no rural. Ambas representantes coincidiron na importancia da cooperación entre administracións para garantir infraestruturas públicas dignas, eficientes e seguras.
Veiga subliñou que este tipo de actuacións “son necesarias para garantir estradas máis seguras e en mellores condicións, especialmente nas zonas rurais, onde os accesos son fundamentais para a mobilidade e para o desenvolvemento da actividade diaria”.
As e os socialistas de Barreiros agradecen a colaboración da Deputación de Lugo e poñen en valor o compromiso da institución provincial co mantemento das infraestruturas públicas e cos servizos que contribúen á calidade de vida da veciñanza.

























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



