Fai xa dez días que tivo lugar a folga xeral convocada en protesta por a reforma laboral aprobado por o goberno. Os sindicatos, o goberno e a patronal xa fixeron a súa valoración. Valoración que tamén fixemos individualmente cada un de nos.
Eu non pretendo xulgar nin opinar aquí do manifestado nin por uns nin por os outros. Simplemente pretendo facer unha serie de reflexións que se me ocorren a raíz da devandita folga xeral e de todo o que a rodeou:
– Moitas persoas se queixan de que os “piquetes informativos” impedían o acceso o traballo de moitas persoas. Mesmo a patronal considera que de non ser por eles a folga tería moito menos seguimento. Pero moi poucos valoran a presión que exercen os empresarios sobre dos traballadores, moitos deles con contratos en precario, para que non secunden a folga.
– O goberno non entra a valorar o seguimento da folga nin na guerra de cifras. Pero di que a reforma laboral non ten marcha atrás. Que e necesaria para a saída da crise, e que sen a reforma non hai saída. O que non valora o goberno e unha serie de cousas:
1ª Que está a enganar os cidadáns dende o momento que esta a tomar unhas medidas diferentes as que levou no seu programa, o que resulta un fraude para os votantes.
2º O descontento dos cidadáns que e a quen ten que servir e protexer. Non se pode entender que para mellorar o emprego haxa que precarizar o mercado laboral, nin que tódolos recortes haxa que facelos sobre os xubilados e os traballadores, sen ningún recorte nin efecto para os empresarios.
3º O goberno pide dialogo os sindicatos, sen valorar que non se pode dialogar con quen di que as reformas son innegociables e continuaran a diante en todo caso. Unha negociación e sentarse e discutir sen imposicións previas, outra cousa non e dialogo, terá outro nome, pero non dialogo.
– Os sindicatos valoraron a folga como un éxito. Consideran que unha gran porcentaxe dos traballadores secundaron a folga e pídenlle o goberno que retire a reforma laboral. Pero non valoran o enorme descontento que hai por parte dos traballadores cara a súa labor, o seu inmobilismo e o seguidismo da política do goberno ata fecha. Deben de reflexionar neste tema. Revisar o seu proceder, e si e preciso renunciar os seus privilexios e ata a subvencións estatal. Teñen que ter presente a quen representan e defender os seus intereses por riba de todo.
– Moitos traballadores manifestan o seu descontento por non poder traballar ese día e quéixanse de que os “piquetes informativos” non lles permitiron exercer o seu dereito o traballo. Pero non teñen en conta que tódalas melloras que houbo nas condicións laborais o longo da historia conseguíronse con moito sacrificio, loitas e mesmo a costa da vida de traballadores. Non teñen en conta o insolidario do seu proceder nin o dano que co súa actitude lle fan os demais traballadores. I o que e mais grave e insolidario, non teñen o valor de renunciar os posibles beneficios que se consigan co protesta o non participar na mesma. Pretenden beneficiarse dos logros que se podan acadar sen costo nin sacrificio algún por a súa parte. ¿Como se lle podería chamar a este proceder?.
– Por último para aqueles que pensan que os sindicatos non pintan nada quería facerlles unha última reflexión. Que pensen por un momento como estaría o mercado laboral si non existisen os sindicatos. Que tipo de contratos habería, que condicións laborais, que indemnizacións por despido, que protección social, etc.
Moitos empresarios estarían encantados. So preocupados en obter os maiores beneficios a costa de peores condicións laborais, da seguridade, de peores salarios, de xornadas laborais mais longas etc..
Que os traballadores non o dubiden. Os sindicatos poden facer mal a súa labor e pode que non teñamos totalmente de acordo con todo o que fan. Pero do que non hai dubida e de que son os únicos que miran algo por mellorar as condicións e a calidade de vida dos traballadores.
O Fareiro de Foz



















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



