As viaxes partirán da visita a un dos centros da Deputación de Lugo, para logo partir ao itinerario elixido polo grupo. Nesta edición ofértanse 44 percorridos
Lugo, 8 de maio de 2024. A Deputación de Lugo manterá aberto dende mañá xoves, 9 de maio, ata o día vindeiro 23, o prazo de presentación de solicitudes para participar nunha nova edición do programa de viaxes gratuítas para entidades sen ánimo de lucro Coñece a túa provincia. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases da convocatoria desta tempada do 2024, durante a que a Deputación ofrecerá un máximo de 1.840 prazas.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, explica que o Coñece a túa provincia “ten como obxectivo fomentar o turismo de proximidade entre os veciños e veciñas, e seguir avanzando cara un modelo de turismo sostible e desestacionalizado, con capacidade para atraer visitantes ao longo do ano”, subliña. “Moitas veces viaxamos moi lonxe a outras rexións ou países, que tamén está moi ben, pero descoñecemos recursos fantásticos que temos a media hora da nosa casa. A nosa provincia é moi diversa e rica en patrimonio natural e patrimonial, e este programa contribúe a potenciar ese coñecemento polos propios lucenses”.
O Coñece a túa Provincia está dirixido a todas as entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas con sede na provincia de Lugo. Deben presentar unha única solicitude, que poden enviar vía telemática a través da sede electrónica da Deputación; entregala no Rexistro da Deputación previa cita telefónica; en calquera dos rexistros que menciona a Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou tamén nas oficinas de Correos. A orde de prelación da listaxe de entidades admitidas establecerase conforme á de presentación das solicitudes no correspondente rexistro, segundo data e hora que figure na documentación, ata esgotar as prazas dispoñibles. A relación de entidades admitidas e en lista de agarda, se a houbera, publicarase no BOP.
A excursión concedida a cada entidade beneficiaria do programa incluirá o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, servizo de guía oficial de turismo e as entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo.
En cada viaxe poderán participar un máximo de 23 persoas e un mínimo de 15. Estas visitas serán realizadas por profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.
44 itinerarios a elixir
As asociacións poden elixir entre un total de 44 itinerarios polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico de toda a provincia de Lugo. As visitas comezarán de un centro da Deputación de Lugo e logo xa parten ao lugares incluídos na viaxe. Uns itinerarios que se viron renovados e ampliados esta edición. Destes 44 itinerarios:
-12 son pola comarca da Mariña, que inclúen lugares naturais como a Praia das Catedrais, o Pozo da Onza ou o litoral focense, pero tamén recursos patrimoniais como a fábrica de Sargadelos, o castelo de Castrodouro ou a Catedral de Mondoñedo.
-11 rutas son pola Ribeira Sacra. Neste caso, as alternativas permiten visitar concellos como Monforte de Lemos, Bóveda, Pantón, Sober ou A Pobra do Brollón, entre outros. Tamén, algunhas das igrexas incluídas na Ruta Transrománica, da que forma parte a Deputación de Lugo.
-8 itinerarios pasan pola zona de Ancares-Courel, e achegarán aos participantes ás Terras de Burón e ao Camiño Francés na comarca de Sarria.
-As 13 rutas restantes percorren as comarcas de Lugo e Terra Chá. As visitas inclúen lugares como o Castro de Amarante, a igrexa de Soutomerille ou o Castro de Viladonga, ademais do centro histórico da cidade de Lugo.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



