A campaña “Convives ou Combates. Ti elixes” arranca esta fin de semana en Samos e Lugo grazas ao apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
Lugo, 8 de maio de 2024. A Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a campaña “Convives ou combates. Ti elixes”, sobre a vespa velutina. Unha iniciativa que se achegará a catro concellos da provincia entre este sábado, 11 de maio, e o vindeiro 18 de maio.
Samos e Lugo recibirán primeiro este relato sobre a importancia e a necesidade de implicación da veciñanza na loita contra esta especie invasora, será o sábado 11 ás 11.00 horas no Centro Multiusos do Concello. Na mesma xornada, en horario de tarde -ás 18.00 horas- será a quenda da veciñanza do centro da provincia coa actividade no Vello Cárcere.
Xa o día 18, en horario de mañá o programa celebrarase nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante, en Barreiros, e pola tarde, na oficina de turismo de Carballedo.
Ademais, AGA detallará a posta en marcha de medidas para combatelas e, ao mesmo tempo, continuar coas explotacións apícolas tradicionais da provincia de Lugo. As xornadas rematarán na tempada estival cunha formación práctica dando continuidade a esta primeira parte das xornadas.
As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades deben enviar un correo electrónico a info@apiculturagalega.gal para inscribirse de balde.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



