A Dirección Xeral de Patrimonio informou favorablemente en xullo de 2017 e mantivo unha colaboración constante para clarificarlle ao Concello de Viveiro todas as dúbidas
Viveiro, 16 de maio de 2024. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, sinalou hoxe durante unha visita a Viveiro para participar co director xeral de Maiores, Antón Acevedo, nun acto organizado pola residencia Betania, que a alcaldesa debe facer unha labor de autocrítica e reflexionar sobre a súa xestión no Plan Xeral de Ordenación Urbana de Viveiro, antes de botar as culpas aos demais pois a primeira que actuou mal foi ela. Así, afirmou que leva preto de 13 anos traballando nun PXOM que contaba con numerosas eivas, como se lle trasladou desde o primeiro momento desde distintos departamentos da Xunta.
No que respecta á Augas de Galicia, este órgano actuou coa máxima celeridade e responsabilidade en todas as xestións que tivo que realizar nos últimos anos vencelladas co plan xeral de Viveiro. De feito, as últimas solicitudes de información do Concello de Viveiro a Augas de Galicia foron respondidas en menos dun mes e atendéronse todas as cuestións coa máxima rapidez dentro do laboriosos que son este tipo de trámites.
A finais de 2022 emitiuse informe favorable desde Augas de Galicia, polo que levamos case ano e medio no que non se aprobou definitivamente o PXOM, cuestión da que para nada se pode responsabilizar a Augas de Galicia.
En canto a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, o plan xeral conta co informe favorable da desde xullo do 2017. Na súa resolución, indicábanse cuestións puntuais que debían integrarse no documento para a aprobación definitiva do plan. Previamente, en xaneiro do 2013, Patrimonio emitira informe desfavorable solicitando a modificación de distintos puntos ao Concello de Viveiro, pero este non acreditou a inclusión das correccións necesarias ata abril do 2017.
En todo caso, durante ese período a colaboración coa Administración local foi constante, e contrastable nos contactos entre o equipo redactor do PXOM e a Subdirección Xeral de Protección para clarificar dúbidas e determinar as previsións do documento final en materia de protección do patrimonio cultural.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



