Destaca que diminuír ou eliminar este imposto revertiría tanto no aumento do consumo, ao ser considerado como alimento de primeira necesidade, como na xeración de emprego
Vilalba, 29 de maio de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, pide ao Goberno central que rectifique e abandone a negativa de non rebaixar o IVE aos produtos do mar. Así o trasladou aos dirixentes do grupo de peixerías Armadores del Norte, en Vilalba, pois, esta decisión unilateral do Executivo estatal, prexudica notablemente ao sector marítimo-pesqueiro e ás súas industrias transformadoras.
Deste xeito, o titular de Mar volve alzar a voz para que o ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación atenda a demanda do sector que revertería nun aumento do consumo, ao ser considerado alimento de primeira necesidade, tanto pola súa fundamental aportación á saúde como polo impacto positivo que tería na cesta da compra.
Alfonso Villares reiterou, de novo, o seu compromiso de seguir apoiando á cadea mar-industria galega, insistindo nas campañas de promoción para, conxuntamente co sector, conseguir que se consuman máis peixes e mariscos. E é que a exclusión destes alimentos provoca que se reduza o seu consumo, como evidencian xa varios estudos presentados da man das universidades galegas, e que se resintan os produtores, que configuran un piar básico para a economía española.
A redución ou eliminación deste imposto aumentaría, por tanto, a adquisición dos produtos do mar e cos conseguintes beneficios para a saúde dos consumidores e económicos para o sector, como así o avalan os informes da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ou do Eumofa, o Observatorio Europeo do Mercado dos Produtos da Pesca e da Acuicultura, e análise propia, elaborada por algúns dos maiores expertos en economía pesqueira da comunidade autónoma, que certifica que tomar esta decisión redundaría na creación de emprego e da riqueza. Precisamente, este estudo simula que un descenso do tipo de IVE do 10% ao 5%, se traduciría nun incremento total do valor engadido de 28,5 millóns de euros e a creación de ata 5.575 empregos. É dicir, os beneficios da baixada deste imposto son moi superiores ao custo que terá na recadación final.
Do barco á mesa
Los Armadores del Norte é un grupo de peixerías fundado por armadores tradicionais do Cantábrico que teñen por obxectivo mellorar o produto a través das súas mans, traballo e un sabor a sal na boca. En 2022 abren a primeira, en Vilalba, desde onde comparten este produto cos consumidores de forma que o pescado e o marisco vaia directamente do produtor ao consumidor.






















A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



