A presidenta provincial definiu ao Partido Popular como “o partido da xente do mar” e sinalou como “exemplos do peso que ten a pesca para o PP” a proposta para reformar a Política Pesqueira Común e crear un Comisario específico
Foz, 30 de maio de 2024. “O Partido Popular é a garantía para defender ao sector pesqueiro galego en Europa; fronte a un PSOE, coa candidata socialista máis ecoloxista, e ao BNG, aliado dos verdes que decidiron na Comisión Europea prohibir a pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico Norte poñendo en risco o futuro de boa parte da flota mariñá, a perda de buques, empregos e alimentos de calidade”, segundo valorou Elena Candia. Así mesmo, explicou que “un exemplo do peso que para o Partido Popular debe ter a pesca en Europa é a proposta para a creación dun Comisario específico”. Outra das súas propostas é a reforma da Política Pesqueira Común (PPC).
A presidenta provincial definiu ao Partido Popular -durante a reunión comarcal celebrada en Foz coa participación do presidente local, Javier Castiñeira, alcaldes, portavoces e concelleiros da Mariña- como “o partido da xente do mar”. Así, subliñou de cara ás eleccións europeas do vindeiro 9 de xuño, “a importancia de que o PP teña voz en Europa para defender o sector pesqueiro, punteiro na Mariña,” porque “o seu futuro depende das políticas comunitarias”.
“Galicia é a principal zona pesqueira de Europa e, a través dos nosos representantes no Parlamento Europeo, trasladamos a realidade do sector defendendo o seu traballo, os seus intereses e a calidade dos produtos do mar dende o sentido común; fronte a outros partidos que cuestionan as artes de pesca que emprega a nosa xente do mar”, manifestou.
O Partido Popular conseguiu que o Regulamento de Control da Pesca fose máis realista e gradual, defendeu con éxito acordos pesqueiros entre a UE e terceiros países, pediu baixar o IVE dos produtos do mar e recoñecer ás confrarías, entre outros logros e propostas a favor da cadea mar-industria.
FLEXIBILIZACIÓN DA PAC E REBAIXAR A PROTECCIÓN DO LOBO
Candia lembrou tamén, con respecto á incidencia do traballo do PP en Europa para os agricultores e gandeiros, que “foi o que propuxo flexibilizar os criterios da PAC -como o fin do barbeito, da rotación de cultivos e do caderno dixital obrigatorios- e o que logrou que a Comisión Europea se posicionara para rebaixar a protección do lobo”.
Así, reivindicou “máis atención ao sectores primarios” atendendo ás dimensións económica e social e sen centrase, en exclusiva, en criterios medioambientalistas”.





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



