Unha vez conseguido o éxito do Iº Dia da Literatura Cabo-Verdiana, celebrado en 2023, tíñamos claro que iríamos organizar outra edición. Na hora da escolla do libro a divulgar, os criterios fundamentais eran estes: unha obra contemporánea, que tratase os movementos migratorios, que favorecese o diálogo entre culturas e que fose fácil de conseguir. Pensábamos n’A verdade de Chindo Luz, o romance de Joaquim Arena editado pola Oficina do Livro en 2006. A historia de Baldo e Chindo, que creceran na zona oriental de Lisboa no seo dunha familia de emigrantes cabo-verdianos, foi a nosa primeira opción. Mais resultou que non había exemplares. A edición estaba completamente esgotada.
Foi, entón, o momento de Para onde voam as tartarugas, editado pola Caminho en 2010 e -importante- distribuído nas mellores librarías galegas. Con esa idea encima da mesa, coñecendo ben a obra, comezamos a planificación do encontro. Axendamos o dia para a lectura, preparamos as mensaxes da convocatoria e entramos en comunicación co autor para coñecer a súa opinión e para verificar se aceptaría participar por vídeo-conferencia na inauguración do evento. Tivemos fortuna: a comunicación correu ben.
-Não querem antes dedicar ao Siríaco e Míster Charles? Ganhou o Prémio Oceanos em 2023.
-Ainda não conhecemos…
-Podem conhecer!
-Necessitamos uma obra prosa transparente, de leitura não complicada.
-A minha escrita nada tem de complicado…
Por volta das 11:00 da mañá do dia 15 de abril, un luns, dous exemplares do Siríaco chegaban á nosa escola. Ficaba clara a meta: o venres, como máximo, deberíamos decidir. Mais todo iso era planificación teórica, porque no final desa mesma tarde o whtasapp soou: “É unha marabilla. Cando podas, comeza a ler. Este é o libro que necesitábamos”. Telepatía. Do outro lado, a lectura tamén andaba polas páxinas finais e a impresión era a mesmiña.
Con toda esa forza que dá o ter acertado, a iniciativa de educación social comezou, Suxerimos á biblioteca do instituto que complementase a sección cabo-verdiana cos títulos máis representativos de Joaquim Arena, axendamos a presentación pública do evento, convocamos dúas xornadas de animación á lectura e fixemos publicidade do título da obra e do seu prezo asequíbel para propiciar outras encomendas. Na verdade, con resposta pouco alentadora: enviamos por volta de seiscentas mensaxes a todos o persoal docente e a todas as familias… e só seducimos dúas persoas con inicial interese. Desánimo? Ningún. Un novo desafío para a pedagoxía: os vellos sempre dicían que Roma non fora levantada en dous días…
Agora tíñamos recursos. Non eran só seis libros (os dous primeiros, os dous resultado da pobre sedución e os dous exemplares da biblioteca). Eran seis sementes de diálogo entre culturas e as sementes en terra fértil brotan e, coa debida atención, crecen e multiplícanse. Así comezaron as primeiras lecturas e chegaron os primeiros vídeos e outras tantas entradas nas redes sociais. O Brais Pedreira e a Jennifer Balseiro falaron da visión pedagóxica e o Manuel Carreira, a Karina, o Nico, o Iago e o Filipe divulgaron as súas lecturas. As primeiras persoas inscritas abriron as portas a outras e estas aínda a mais outras ou outras mais. “Agora mesmo estamos en 50”, celebrábamos. Mais iso era hoxe, porque mañá andábamos polos 75 e no dia seguinte no centenar. un “youtuber” brasileiro chamado Christian Salles, unha escritora cabo-verdiana chamada Analina Rocha, unha futbolista internacional chamada Daniela, un músico de nome Grande Amore, a Paula Jorge… A fortuna do factor humano.
Pedagoxía ao estilo Modelo Burela. Unha historia bonita de diálogo entre culturas.




















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



